Amenhotep fillo de Hapu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XV a. C. Athribis |
| Morte | século XIV a. C. |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto, sacerdote |
| Período | Antigo Exipto |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.281) |
Amenhotep fillo de Hapu, en exipcio Amenhotep sa Hapu, nado contra o 1440 a.C. e finado contra o 1360 a.C., foi un arquitecto exipcio que estivo ao servizo do faraón Amenofis III.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Athribis. Seu pai, Hapu ou Habu, era escribán e sacerdote, e a súa nai chamábase Ity.
Entrou ao servizo do faraón, chegando a obter numerosos títulos, algúns militares, outros relixiosos e outros civís; entre os derradeiros o principal foi o de Xefe de todos os traballos do rei o que viña a equivaler ás funcións de arquitecto real.
Deseñou un templo en Tebas do que só fican os coñecidos colosos de Memnón. Outras edificacións foron templos en Luxor, Karnak ou Soleb e aínda o Pazo de Malkata en Tebas.
Puido alzar a súa tumba próxima a do faraón, nun templete funerario que foi autorizado polo mesmo Amenofis III.
Amenhotep morreu á idade duns 80 anos, arredor do 1360 ou 1350 a.C., durante o tricésimoprimeiro ano do reinado de Amenofis III. Certas hipóteses, que recollera o sacerdote exipcio Manetón, suxiren que foi asasinado ou obrigado a se suicidar por instigación de seguidores do deus Atón (pois foi un afervoado seguidor de Amón).
Culto
[editar | editar a fonte]
No período tolemaico foi adorado como un deus curador, ao igual que o seu predecesor Imhotep, gozando en Tebas dalgunhas capelas dedicadas.
Iconografía
[editar | editar a fonte]Consérvanse varias representacións do arquitecto na que aparece como un escribán sentado, ben na súa xuventude ou ben na ancianidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amenhotep fillo de Hapu |