Saltar ao contido

Amauta Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmauta Castro
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Barakaldo Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXirona Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: amauta.castrogz Instagram: amautacastrogz BNE: XX5232146 AELG: 592 BUSC: 981013403010307712 Dialnet: 2131058 Editar o valor en Wikidata

Rafael Xoán Muñoz Castro, que usa o pseudónimo literario de Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Barakaldo, residiu en Vigo durante a maior parte de infancia e adolescencia e máis tarde en Santiago de Compostela. Residente en Xirona desde 2004. Colaborou en Dorna, Andar21, Olláparo e Ligeia.[1] Ten colaborado co suplemento ”Altermundo” de Galicia Hoxe e nunha edición monográfica sobre o político, pensador e editor galego Ánxel Casal. En solitario, publicou o seu primeiro libro de poemas “Nos muros do mundo” en 2012. Levou a súa voz a diversos festivais e accións poéticas coma o X Festival de Poesia a les Caves (Sant Sadurní d’Anoia, 2017) o “Proxecto Catalizador 2013”, dentro da Semana de Poesia de Barcelona de 2013. No eido da tradución, trasladou a lingua galega o texto poético “Mar da Morte” do poeta catalán Santi Borrell.[2]

En 2026, anunciou nas súas redes sociais o seu abandono definitivo da poesía.[3][4]

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • Nos muros do mundo (2012). Edizer.
  • A Tarde. O Desacougo (2019), Espiral Maior.
  • Leixaprén (2020). Bos Aires. Poetry.
  • Constante hora de boca e precipicio (2020). Urutau.
  • Poesía (modelo para romper) (2021). Saurobuks.
  • Intraordinario II (2021). Urutau.
  • Maldito (2022). Malafera.
  • Árbores de inverno (2024). Saurobuks. Ilustracións de Pablo Orza.[5]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Antoloxía Poética da diáspora Galega (2007). Asociación Cutural Fillos de Galicia coa axuda da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
  • Ánxel Casal: editor e intelectual galeguista (publicado pola biblioteca pública Ánxel Casal, de Compostela)[6]
  • O poliedro da soidade (2018). Andavira Editora, promovido polo Centro de Estudos Galegos do Departamento de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid.
  • Poesia a les Caves (2018). Regidoria de Cultura, Ajuntament de Sant Sadurní d’Anoia. Libro colectivo e conmemorativo que recolle poemas dos autores que participaron nas diversas edicións do Festival de Poesia a les Caves e que inclúe poetas coma Lluís Calvo, José Corredor-Matheos ou Pura Salceda.
  • Mar da Morte, de Santi Borrell (2017). Edicións de Pedra, en edición bilingüe.
  • 3º premio Rosalía de Castro en 2006 por Mar (poema sen título), convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 1º Premio no Certame San Xurxo (2007) por Palabras de Amauta, convocado polo Centro Galego de Barcelona.
  • 2º Premio Rosalía de Castro en 2011 por Setembro, convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 1º premio Certame Rosalía de Castro en 2017 por "Da pel sae o escuro", convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
  • 2º premio Concello de Ames en 2018 na modalidade de poesía por "Este corpo momentáneo"
  • Premio de poesía Pérez Parallé 2018.
  • 2º premio no VII Certame de poesía Torre de Caldaloba 2024 por A vasteza do nó.
  1. "Amauta Castro". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
  2. ""Árbores de inverno" de Amauta Castro e Pablo Orza". Saurobuks. Consultado o 2024-05-04.
  3. Amauta Castro Gz [@amautacastrogz] (19 de maio de 2026). "Anuncio o meu abandono definitivo da poesía.". Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2026. Consultado o 2 de xuño de 2026 vía Instagram.
  4. Amauta Castro Gz (19 de maio de 2026). "Anuncio o meu abandono definitivo da poesía.". Facebook. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2026. Consultado o 2 de xuño de 2026.
  5. asociacionescritoras-es (2024-04-24). "Ourense: presentación de Árbores de inverno, de Amauta Castro, o 27 de abril Axenda cultural AELG". Consultado o 2024-05-04.
  6. "Ánxel Casal. Editor e intelectual galeguista.". calameo.com. Consultado o 2024-05-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]