Amal Nasir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amal Naseer»)
Infotaula de personaAmal Nasir
Nome orixinal(ar) أمل نصير Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Irbid, Xordania (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXordania Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Jordânia (pt) Traducir - Q101421733 Traducir (–1995)
Yarmuk University (pt) Traducir - Q99228297 Traducir (–1982) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , crítica literaria , profesora Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata


Amal Tahir Muhamad Nasir (árabe: أمل طاهر محمد نصير), nada en Irbid o 9 de setembro de 1959, é unha escritora, crítica literaria e académica xordana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematou a educación secundaria na Escola Tiberias da súa vila natal en 1977. Graduouse en Lingua e literatura árabe pola Universidade Yarmouk en 1982, e nese mesmo ano recibiu o diploma de docente de secundaria. En 1987 rematou un mestrado de Literatura e crítica, e en 1995 doutorouse pola Universidade de Xordania.

Traballou na Universidade de Mosteghanemi en Alxeria. É membro da Asociación de Escritores de Xordania, do corpo administrativo da Sociedade Xordana para a Ciencia e a Cultura, membro do Forum Cultural de Irbid, do Centro de Estudos da Muller de Amán e do Consello Internacional da Lingua Árabe no Líbano.[2]

O 23 de maio de 2016 o Presidente da Universidade Yarmouk, Refaat Faouri, nomeouna asistente e directora do Centro de Linguas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dr Amal Nasir Author". eKtab. Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  2. "Appointment of Prof. Amal Nasir as a member of the Board of Trustees of the Irbid National University". TLB News. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  3. "Dr . Amal Nasir Assistant to the President of Yarmouk University". Jordan Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2017.