Amadou Gon Coulibaly
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1959 Abidjan, Costa do Marfil |
Morte | 8 de xullo de 2020 (61 anos) Abidjan, Costa do Marfil |
10º Prime Minister of Ivory Coast (en) | |
10 de xaneiro de 2017 – 8 de xullo de 2020 ← Daniel Kablan Duncan (pt) – Hamed Bakayoko (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro |
Partido político | Reagrupamento dos Republicanos (pt) Partido Democrata da Costa do Marfim (pt) Reagrupamento de Houphouëtistas por Democracia e Paz (pt) |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
Amadou Gon Coulibaly, nado o 10 de febreiro de 1959 e finado o 8 de xullo de 2020, foi un político marfilés que foi primeiro ministro de Costa do Marfil dende xaneiro de 2017 até a súa morte.
Anteriormente fora secretario xeral da presidencia durante o mandato de Alassane Ouattara entre 2011 e 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A principios dos anos 90, traballou como asesor técnico do primeiro ministro Alassane Ouattara.[1] Coulibaly foi membro da Asemblea Nacional entre 1995 e 2000. Tamén foi alcalde de Korhogo.
De outubro de 2002 a febreiro de 2010 foi Ministro de Agricultura. Despois de que Alassane Ouattara se convertese en presidente, Coulibaly foi secretario xeral da presidencia de 2011 a xaneiro de 2017.[1]
O presidente Ouattara nomeou a Coulibaly primeiro ministro de Costa do Marfil o 10 de xaneiro de 2017.[2] A composición do seu novo goberno anunciouse o 11 de xaneiro. Considerouse bastante similar ao anterior goberno de Daniel Kablan Duncan, mantendo os seus cargos a maioría dos ministros clave. Con 28 ministros, era menor que o goberno anterior, que tiña 35.[3] A Coulibaly asignóuselle tamén a responsabilidade da carteira ministerial do orzamento o 19 de xullo de 2017.[4]
No Terceiro Congreso Ordinario do seu partido, o Reagrupamento dos Republicanos (RDR), en setembro de 2017, Coulibaly foi designado primeiro vicepresidente.[5] Cando Ouattara disolveu o goberno no medio de tensións na coalición gobernante en xullo de 2018, Coulibaly foi re-nomeado para formar un novo goberno.[6]
Saúde e morte
[editar | editar a fonte]Coulibaly someterase a unha cirurxía cardíaca en 2012. En 2020 pasou dous meses en Francia para realizar un exame cardíaco e gardar repouso, volvendo a Costa do Marfil o 2 de xullo. Pouco despois, o 8 de xullo, sentiuse mal durante unha reunión semanal do goberno e foi levado a un hospital onde faleceu aos 61 anos.[7][8]
Outras actividades
[editar | editar a fonte]- Fondo Monetario Internacional (FMI), membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017)[9]
- Axencia Multilateral de Garantía de Investimentos (MIGA), Grupo do Banco Mundial, membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017) [10]
- Banco Mundial, membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017) [11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Côte d'Ivoire: Amadou Gon Coulibaly nommé nouveau Premier ministre", Radio France Internationale, 10 January 2017 (en francés).
- ↑ "Ivory Coast's Ouattara names close ally as new vice-president". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019.
- ↑ "Ivory Coast's Ouattara names new government with few changes", Reuters, 11 January 2016.
- ↑ "Ivory Coast reshuffles cabinet, replaces key ministers", Reuters, 19 July 2017.
- ↑ Anna Sylvestre-Treiner, "Côte d’Ivoire : Alassane Ouattara choisit Henriette Dagri Diabaté pour présider son parti", Jeune Afrique, 10 September 2017 (en francés).
- ↑ Loucoumane Coulibaly (July 4, 2018), Ivory Coast's Ouattara dissolves government amid coalition infighting Reuters.
- ↑ "Ivory Coast's prime minister Amadou Gon Coulibaly dies at 61" (en inglés). 8 de xullo de 2020. Consultado o 9 de xullo de 2020.
- ↑ "Muere a los 61 años el primer ministro y candidato a la presidencia de Costa de Marfil". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2020. Consultado o 9 de xullo de 2020.
- ↑ Members International Monetary Fund (IMF).
- ↑ Board of Governors Multilateral Investment Guarantee Agency (MIGA), World Bank Group.
- ↑ Board of Governors World Bank.