Amador Martínez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmador Martínez Fernández
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1914 Editar o valor em Wikidata
Vilachá, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRamón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , militar , guerreiro Editar o valor em Wikidata

Amador Martínez Fernández, coñecido como Ramón, nado en Vilachá (A Pobra do Brollón) o 14 de agosto de 1914 e finado en París en xaneiro de 2007, foi un sindicalista, militar e guerrilleiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais rexentaban unha tenda de ultramarinos e un estanco que funcionaba tamén como a escola da aldea. Aos 15 anos traballaba na construción do ferrocarril de Monforte de Lemos e afiliouse á UGT. En 1933 sufriu persecución polo seus enfrontamentos cos fascistas. Á raíz da revolución de Asturias de 1934, afiliouse ás Xuventudes Comunistas. Debido a súa participación nos movementos de protesta mineiros ten que pasar á clandestinidade. En 1935 empezou o servizo militar no exército do aire en Cuatro Vientos (Madrid). En 1936 estaba no exército e permaneceu leal á República. Ascendido a cabo foi nomeado instrutor dos ferroviarios no convento de Príncipe de Vergara (Madrid). Pouco despois foi enviado de novo a Cuatro Vientos como instrutor da columna do tenente coronel Rubio. Ingresou no corpo de Garda de Asalto, destinado no 5º Grupo do mesmo. A causa das feridas producidas por dous tiros na cabeza, pasou un mes no hospital de Cuenca. Durante a guerra algúns dos seus familiares foron asasinados e o seu irmán Ramón foi capturado en 1939 pola participación na guerrilla. Foi deportado a Pamplona e sentenciado a 30 anos aínda que logo cumpriu unha condena de 15.

Ao rematar a guerra pasou a Francia por Puigcerdà e foi internado no campo de refuxiados de Sepfonds, Tarne et Garonne. Escapou do campo e pasou a formar parte da resistencia francesa. Durante estes anos pasou a súa vida entre cárceres, campos de concentración. Escapou do campo de Noé en xaneiro de 1944. Incorporouse ao maquis e rematada a Guerra Mundial, volveu á clandestinidade traballando para o PCE. Nos anos 50 fixo de guía nos pasos de Francia a España. Foi enviado á Galicia a principios de 1960 baixo o nome falso de "Ramón", permanecendo no país ata 1965 levando a cabo a reorganización do Partido Comunista. En París traballou na Editorial Ebro, do PCE, e formou parte do primeiro Comité Central do Partido Comunista de Galicia.

Recibiu o Premio 10 de Marzo outorgado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia en 1998.

Finou en París en xaneiro de 2007.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Montero, Xesús (27-1-2007). "Morre en París, aínda no exilio, «Ramón»". La Voz de Galicia: 11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]