Alyssa Sutherland
- Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Sutherland
Alyssa Sutherland | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alyssa Sutherland |
Nacemento | 23 de setembro de 1982 (40 anos) |
Lugar | Brisbane, Australia, ![]() |
Nacionalidade | Australia |
Cónxuxe(s) | Laurence Shanet |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alyssa Sutherland, nada o 23 de setembro de 1982 en Brisbane é unha actriz e modelo australiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coma modelo[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira coma modelo en 1997 na revista para adolescentes de Australia, Girlfriend, asinando tamén un contrato con Vogue Australia. Levou a cabo unha intensa campaña publicitaria, sendo a imaxe de Bulgari, Ralph Lauren, Garnier, Calvin Klein, Chanel, John Frieda, Kerastase, Hugo Boss e Abercrombie & Fitch.
Co tempo ademais da súa participación en Vogue, tanto en Australia coma en Alemaña, Italia, Grecia ou USA, tivo aparicións en Elle, Marie-Claire, Harper's Bazaar, Glamour Italy, I.D., Wallpaper* e The Face and Scene
Coma actriz[editar | editar a fonte]
O seu primeiro papel no cinema foi en The Devil Wears Prada (O demo vístese de Prada), seguido de Day on Fire, Don't look up e a serie de televisión New Amsterdam. O seu papel máis coñecido ata o momento foi a súa participación na serie Vikings a finais da primeira tempada, coma a princesa Aslaug.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2006 | The Devil Wears Prada | Clacker | |
2006 | Day on Fire | Claire | |
2008 | New Amsterdam | Alice | Televisión |
2008 | Huge | Izzy | Televisión |
2011 | Law and Order: Special Victims Unit | Kate | Televisión |
2012 | Arbitrage | A recepcionista de Jeffrey's | |
2013 | The Fortune Theory | Delilah Heinz | |
2013 | Vikings | Aslaug | Televisión |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alyssa Sutherland na IMDb (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |