A alxaba[1] é un estoxo ou cilindro de pel, madeira e/ou tea[2] usado polos arqueiros para transportar as setas, dardos ou xavelinas, permitíndolles alcanzalas con facilidade e rapidez. O seu uso está documentado dende a prehistoria e a máis antiga de que se ten noticia é a que se atopou xunto a Ötzi (nome dado á momia dun home que faleceu contra o 3255 a. C.). A súa alxaba, feita de pel de corzo, contiña catorce setas, das cales só dúas estaban rematadas e listas para ser disparadas.[3]
A alxaba cólgase normalmente nas costas,[4] para facilitar ao arqueiro liberdade de movementos e ao mesmo tempo accesibilidade aos proxectís; pero tamén á cintura.[5] Durante as batallas da antigüidade as formacións de arqueiros adoitaban chantar as setas no chan xusto fronte a eles para facer o acceso ás frechas aínda máis rápido.
Glover, Daniel S.; Grayson, Charles Jackson; French, Mary; O'Brien, Michael J. (2007). Traditional archery from six continents: the Charles E. Grayson Collection. Columbia: University of Missouri Press. ISBN978-0-8262-1751-6.