Alxén, Salvaterra de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alxén
Igrexa parroquial.
ConcelloSalvaterra de Miño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′31″N 8°31′45″O / 42.108738, -8.529242Coordenadas: 42°06′31″N 8°31′45″O / 42.108738, -8.529242
Poboación661 hab. (2022)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

San Paio de Alxén é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 661 habitantes (321 homes e 340 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 753 habitantes. Pertence ó arciprestado de Entenza.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é alxenino[3].

Situación[editar | editar a fonte]

Localízase na parte norte do concello, a medio camiño entre Salvaterra e Salceda de Caselas. Alxén atópase a 32 minutos do centro de Vigo, a 26 minutos do aeroporto de Peinador, e a 10 minutos do porto seco de Oleiros. Debido a esta situación estas terras son atractivas para usos residenciais.

A parroquia de Alxén está atravesada polo río Tea, o principal afluente do río Miño no seu curso baixo. No Cordeiro hai unha praia fluvial que ten zonas de sombra con mesas e asadeiros. Tamén no Cordeiro emprázase o campo de slálom de piragüismo do concello de Salvaterra.

Outras paraxes de importancia poden ser os penedos das Catro Cruces; o penedo da Beiró ou un dos piñeiros de maior tamaño de todo o territorio galego.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVII Alxén anexou a parroquia de Santiago de Grixó.[4][5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Arquitectonicamente resaltan a igrexa, de estilo gótico, ou a capela de Santiago Apóstolo situada no barrio do Ceo. No barrio de Grixó encóntrase un pazo típico galego do século XIX. Na actualidade este pazo e as viñas do seu redor conforman as adegas de viño Lusco do Miño.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

En canto as infraestruturas culturais e deportivas, Alxén ten dous colexios: un de educación infantil: Vesada, como o barrio no que se sitúa; e o outro de educación primaria: o CEP Carlos Casares.

Hai cun campo de fútbol onde xogan os equipos de Alxén A e Alxén B. Ademais dispón de dúas pistas polideportivas e un pavillón semicuberto que se encontra dentro de recinto do CEP.

Festas[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño é a data da celebración da festa na honra do patrón da aldea, San Paio. A segunda fin de semana de agosto teñen lugar as festas de máis importancia e duración na honra da Virxe das Dores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Alxén[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

A Aldea | O Ceo | O Cotodouro | O Erbedeiro | A Fraga do Rei | A Gándara Chan | Grixó | A Igrexa | Os Muíños | Os Pazos Altos | Os Pazos Baixos | O Pombal | O Porto | Rabadáns | O Souto | A Teixugueira | As Tercias | Toucedo | A Vesada

Parroquias de Salvaterra de Miño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]