Alvar Peres de Castro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1310 (Gregoriano) |
| Morte | 11 de xuño de 1384 Lisboa |
| Lugar de sepultura | Convento de São Domingos de Lisboa (pt) |
| Condestable de Portugal | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata, militar |
| Outro | |
| Título | Conde |
| Familia | Casa de Castro |
| Cónxuxe | María Ponce de León y Jérica |
| Fillos | Pedro de Castro, Alonso de Castro, Sabela de Castro, Beatriz de Castro |
| Pais | Pedro Fernández de Castro |
| Irmáns | Fernando Ruiz de Castro Xoana de Castro Inés de Castro |
Alvar Peres de Castro, chamado o Vello, nado en 1310 e finado en 1384, foi un aristócrata galego, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos e da nobre portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares.
Figura importante do reino de Galiza, tamén o foi do reino de Portugal, pois foi o primeiro condestable de Portugal e ostentou os títulos de Conde de Arraiolos e de Viana e señor de Cadaval e de Ferreira. Estaba emparentado coa antiga monarquía galega, e tamén coa castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1371 recibiu de mans de Fernando I de Portugal, rei de Portugal, o título de conde de Viana. Foi nomeado en 1382, condestable de Portugal, título creado por Fernando I de Portugal. Á súa morte, o cargo de condestable de Portugal pasou a ser desempeñado por Nuno Álvares Pereira. Faleceu en 1384.
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, e da nobre portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares. Era neto por parte paterna de Fernando Rodríguez de Castro e de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. Por parte materna era neto de Lourenzo Soares de Valadares, señor de Tangil, e de Sancha Nunes Chacín. Foi medio irmán de Fernán Ruiz de Castro, señor de Lemos, e de Xoana de Castro, a Desamada, e irmán de Inés de Castro, segunda esposa de Pedro I de Portugal.
Contraeu matrimonio con María Ponce de León, filla de Pedro Ponce de León o Vello, señor de Marchena e de Bailén e tataraneto do rei Afonso IX de León coa que tivo varios fillos:
- Beatriz de Castro e Ponce de León. Contraeu matrimonio en 1384 na cidade de Lisboa con Pedro de Lara, conde de Mayorga, fillo ilexítimo de Juan Núñez de Lara, señor de Lara e de Biscaia.
- Sabela de Castro e Ponce de León. Contraeu matrimonio en 1385 con Pedro Enríquez de Castela, conde de Trastámara, condestable de Castela, e neto de Afonso XI de Castela.
- Alonso de Castro.