Altza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°18′50″N 1°56′5″O / 43.31389, -1.93472

Situación de Altza

Altza é un barrio da cidade de Donostia que ocupa a súa zona leste, no límite co concello de Pasaia. Ten unha poboación de 21.487 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que historicamente formou parte do concello de Donostia, durante algúns períodos foi concello independente, primeiro entre 1821 e 1823, e posteriormente entre 1879 e 1940.

Historicamente, Altza era unha entidade eminentemente rural. O núcleo urbano situábase nun outeiro que dominaba a baía de Pasaia, contaba cun barrio portuario (Herrera) e varios casaríos distribuídos polo termo municipal, e limitaba co barrio de Buenavista de Pasaia e co alto de Miracruz e Martutene, no concello de Donostia.

Despois da súa última anexión, varias ondas de inmigración cambiaron a súa fisonomía e socioloxía nas décadas de 1960 e 1970, converténdose na principal zona de expansión da cidade e nacendo novos barrios como Bidebieta ou Intxaurrondo. Polo tanto, o actual barrio de Altza comprende só unha parte do antigo concello, concretamente a comprendida entre a autoestrada AP-8 e o porto de Pasaia, separado do resto da cidade de Donostia por un enlace da AP-8. O actual Altza está formado polos barrios de Altza Gaina, Arria, Auditz-Akular, Buenavista, Eskalantegi, Herrera, Larratxo, Molinao e Oleta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]