Altos do Golán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización desde o espazo da meseta do Golán.

Os Altos do Golán (árabe: هضبة الجولان Haḍbatu 'l-Jawlān, ou مرتفعات الجولان Murtafaʻātu l-Jawlān, hebreo: רמת הגולן Ramat HaGolan, Ramat hagolan.ogg (son) ), ou simplemente o Golán, é unha rexión do Oriente Próximo cunha extensión aproximada de 1 800 km2. A rexión definida como os Altos do Golán difire segundo a disciplinas: segundo as xeolóxicas e bioxeográficas, os Altos do Golán son unha superficie basáltica rodeada polo río Yarmouk ao sur, o mar de Galilea e o val de Hula ao oeste, a cordilleira do Antilíbano co monte Hermon ao norte e o uadi Raqqad ao leste. Como rexión xeopolítica, os Altos do Golán son unha área de Siria capturada e ocupada por Israel, trala guerra dos seis días, e anexada en 1981. A rexión inclúe dous terzos da superficie xeolóxica total, así como a parte ocupada por Israel do monte Hermon.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.