Altair 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Altair 1 / Caleb-2 / X-248
País de orixeEstados Unidos[1]
FabricanteThiokol[1]
AplicaciónEtapa final[1]
EstadoFóra de produción[1]
Motor de propelente sólido
Rendemento
Pulo12,40 kN[1]
Impulso específico256 s[1]
Isp (nivel do mar)233 s[1]
Tempo de acendido38 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude1,83 m[1]
Diámetro0,46 m[1]
Peso seco30 kg[1]
Usado en
Atlas-Able, Blue Scout II, Delta A, Delta B, Delta C

O motor foguete Altair 1, tamén coñecido como Caleb-2 e X-248, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 256 segundos (233 s a nivel do mar), cun pulo de 12,40 KN e unha masa de 30 kg baleiro. Medía 0,46 m de diámetro e 1,83 m de altura, funcionando durante 38 segundos. Foi usado como última etapa dos foguetes Atlas-Able, Blue Scout II, Delta A, Delta B e Delta C.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2022). "Altair 1" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]