Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario InternetArchiveBot (conversa·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
Alquerque en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
O alquerque é un xogo de estratexia cun taboleiro inscrito en pedra, tamén denominado muíño de mesa[1] ou pai-fillo-nai, que coñece tres variedades clásicas: o alquerque dos tres, o alquerque dos nove e o alquerque dos doce. O rei Afonso Xo Sabio fai mención deste xogo, nas súas tres variantes, na obra Libro dos xogos, tamén denominada Libro de xadrez, dados e taboleiros. O substantivo 'alquerque' provén do árabe القرقات Al-Qirkat, lit. «o taboleiro».
En Galiza existen diversas tipoloxías de alquerques -de tres, nove e doce coviñas, ademais de reticulados- que aparecen maioritariamente en espazos públicos aínda que algúns están localizados en interiores de edificios particulares.
Se observamos os lugares en que aparecen estes taboleiros vemos que se sitúan próximos ás entradas de igrexas e mosteiros, onde se concentrarían os fregueses ás entrada e saída dos cultos. Incluso eses lugares pode que funcionasen a modo de lugares de encontro e “mentideiros” aos que se achegaba a xente na procura de información.Colectivo A Rula[2]
O xogo precursor das variedades do alquerque dos tres e dos nove naceu no Antigo Exipto, xa que se se encontraron taboleiros gravados na pedra na cuberta do templo de Kurna na cidade de Luxor, datados en 1500 a.C. que se destinarían a ese fin.[22]
O xogo chegou á Grecia antiga e aínda que se descoñeza a data exacta, sábese que xa no século V a.C se xogaba unha versión, designada como "xogo das cinco liñas" («Pente Grammai», de aquí sairá o vocábulo "'pentagrama'), porque nesa época este xogo só tiña un cadrado (catro liñas), cunha intersección dunha diagonal (a quinta liña).[23] Esta quinta liña chámase "liña sagrada", pola súa importancia no xogo, e xa sae citada nun poema de Alceo de Mitilene do século V a.C.[24] Ese verso, con posterioridade, tivo relevancia no aforístico "retirar a peza da liña sagrada", que era usado por xenerais gregos para se referiren á perda dunha posición estratéxica, conforme resulta da pasaxe 97 do capítulo VII do Onomasticon de Polux.[25]
Atenea interrompe o xogo de alquerque de Áiax e Aquiles, nun vaso decorado na Antiga Grecia.
O xogo tamén foi, por veces, designado "xogo dos heroes", por se considerar da época heroica ao existiren representacións de Aquiles e Áiax a xogaren o penta grammai.[26] Hai versións deste xogo en que as cinco liñas están dispostas como nun cadrado cunha diagonal polo medio, mentres que noutras representacións aparece como un rectángulo con cinco liñas paralelas, mais pode ser unha variante do taboleiro ou unha representación apócrifa.[27]
O exemplar máis antigo é un taboleiro de terracota descuberto en Anagiros na Ática (Grecia) nunha sepultura do século VII a.C., que podería ser usado para o xogo das cinco liñas.[23]
Na Roma antiga había un xogo, precursor do alquerque, chamado o "xogo das doce liñas" (Duodecim Scripta), que se practicaba nun taboleiro análogo ao pente grammai grego ou mesmo ao "xogo das nove liñas" exipcio.[28]
Era un xogo de sorte e de estratexia. Tiña entre 12 e 30 pezas, que representaban homes e, por veces, eran designadas exactamente como tal, nas cores branca e negra.[29] Había capturas de pezas, saltando sobre a peza da persoa adversaria para ocupar a casa por ela ocupada con anterioridade. As capturadas saían do taboleiro e voltaban ao xogo máis tarde.[30] A persoa vencedora era aquela que completase o percorrido do xogo, ben capturando os "homes" do adversario ou ben imposibilitando a captura dos seus. Alén das pezas, tamén se xogaba con dous ou tres dados, en función de se usaren 12 ou 30 pezas. Descoñécese en que posicións estaban as pezas situadas ao comezaren o xogo.
Con base na pasaxe «ὀπισθιδίη ὁδὸς» escrita por Agatias tírase a idea de que o xogo tanto se podería xogar na casa como na rúa.
Alquerque en Fonte das Bicas, en Borba, Évora (Portugal).
O taboleiro coñecíase cos nomes de tabula ou abacus; mais se tiña un bordo en relevo denominábase alveus (Plinio, no capítulo XIII, do Libro VII, da obra Historia Natural, menciona «alveus cum tesseris lusorius»- lit «taboleiros con dados de xogar»); ás 'pezas chamábanselles "homes" ou "pedriñas", do gr. ψῆφοι ( 'psífoi' = lit. «pedriña; seixo»)[31] ou do lat. "calculi" (pedriña); á situación do xogo nun intre determinado chamábaselle θέσις (gr. 'thésis' = lit. «posición; disposición»); ao adianto coa peza, τιθέναι (tithénai= pisar, pousar, depositar, colocar), chamábase "colocación"; á retirada ou captura dunha peza do taboleiro ἀνατιθέναι (gr. 'anathema' = lit. «remitir; prescindir») ou reducere (lat.), chamábase "retirada".
Dada a popularidade da lingua grega no imperio romano, na época en que se practicaba este xogo, algúns termos designábanse polo nome grego, non chegando ata nós o seu equivalente latino.
O primeiro xogador romano de duodecim scripta de que hai rexistro foi o cónsul Mucius Scaevola, que viviu no século II a.C.; de acordo con Cicerón, Publio xogaba tan ben que "era quen de xogar de ollos vendados" (o que poderá ser simplemente unha forma de expresión).[32]
Quintiliano, na obra Institutio Oratoria, Libro décimo primeiro, capítulo II, fai o relato de que Scaevola, certa vez, despois de perder un xogo, foi quen de se lembrar de todas as xogadas anteriores, indicando concretamente a xogada en que cometera un erro e confirmando co adversario cadansúas pasaxes e xogadas realizadas. Cítase esta pasaxe coa intención de salientar a boa memoria do cónsul.[33]
Vestixios da Idade do Bronce atopados na beira do Mediterráneo
Existen vestixios de xogos prototipos ou precursores do al-qirkat pola marxe do Mediterráneo. Hai mostras da Idade do Bronce chamadas 'tiras', gravadas na pedra, nas zonas alpinas, mesmo ao pé do lago de Garda, en Italia. Tamén hai vestixios de taboleiros semellantes ao do al-qirkat que datan da época romana gravados en rochas en Baiona, en Maia (Portugal) e na antiga cidade de Mulva (actual Sevilla).[34]
Na obra Board and Table Games from Many Civilizations[35] de Robert Charles Bell, cítase que «cando os mouros invadiron a Península Ibérica, no século VIII, trouxeron El-qirkat consigo». Por tanto, sábese que o xogo xa existía, cando menos, desde o século VIII, na súa forma perfeccionada, fose como alquerque dos seis, dos nove ou dos doce.[36]
Alquerque no Libro dos xogos, de Afonso X o Sabio.
Este xogo non aparece na literatura ata finais do século X, cando o autor Abu al-Faraj al-Isfahani fai mención ao al-qirkat no Kitab al-Aghani (lit. Libro dascancións), obra de 24 volumes, onde, porén, non consta mención ningunha das regras do xogo. As regras máis antigas coñecidas do xogo do alquerque dos doce son as que aparecen, no século XIII, na obra Libro de xadrez, dados e taboleiros, de Afonso X. En 1283, no reinado de Afonso X xa hai rexistros respecto ao alquerque dos tres, dos nove e dos doce. O alquerque dos doce fundiuse no século XV co taboleiro de xadrez e deu lugar ás damas.
Da popularidade dos xogos de alquerque en Galiza, dáse conta nas Ordenanzas municipais de 1687 de Santiago de Compostela onde se limita o seu uso:
“Uno de ellos es el de la moral pública, en cuyo nombre se prohibe todo tipo de juego los días festivos antes de las doce, porque hasta entonces <<no estan dichas todas las misas>>, pero también que los practiquen durante la semana sirvientes, estudiantes y trabajadores” (Ordenanzas echas por los señores Justicia y reximiento de la ziudad de Santiago y Alcaldes y eclesiásticos del ilustrísimo cavildo para todo jenero de bastimientos y otras cosas aprobadas por el ilustrísimo señor Arçobispo de dicha ziudad para todo el año de 1687). AHUS. FM. Consistorios. Libro 60. F 1411, de 30 de junio.[2]
Alquerque na igrexa das Servas, en Borba, Évora (Portugal).
O taboleiro é cadrado e divídese en 16 cadrados, atravesados por liñas paralelas e diagonais, que fan 25 interseccións (chamadas puntos ou casas) onde se poñen as 24 pezas. Hai 12 pezas dunha cor e outras 12 doutra, normalmente branco e negro.
Hai, por tanto, unha intersección que fica baleira, sen ningunha peza posta alí. É por aí que se comeza o xogo; a primeira persoa xogadora ten que pór unha peza nesa casa baleira. A segunda xogadora, entón, pasa por enriba da peza movida pola adversaria, servíndose, para iso, de calquera unha das súas pezas que estea adxacente e pousándoa ao momento baleiro no taboleiro, que se abriu, cando a primeira persoa xogadora moveu. Ao facer isto, a segunda xogadora captura ou retira do xogo a peza adversaria por riba da que xogou (coloquialmente, a isto chámaselle "comer a peza", nomenclatura que se usa, tamén, comunmente no xogo das damas, cando pasa por riba dunha peza adversaria).
O obxectivo do xogo é ir capturándolle pezas á persoa adversaria ata que non lle sobren máis pezas ou, entón, impedirlle capturar máis pezas, o que se consegue cando se poñen as pezas ao longo das arestas do taboleiro, deixando de haber a posibilidade de saltar por riba delas, por non haber liñas paralelas ou diagonais, que permitan pasar sobre a peza e aterrar nunha casa libre (a isto chámase coloquialmente "afogar o xogo").[37]
O xogo princípiase con cada persoa xogadora a posicionar as súas respectivas 12 pezas nas dúas fileiras máis próximas a cadaquén e móvese por quendas.
Alquerque en pedra reutilizada na igrexa de San Paio de Diomondi.
A "regra do sopro", xurdiu en Francia no século XV, xa cando o xogo comezaba a adquirir a configuración de xogo das damas e trouxo unha innovación das regras, que pasaba por penalizar o xogador que, por esquecemento ou outro motivo, non efectuase unha captura da peza da persoa adversaria, cando tiña a oportunidade para o facer. Pasaba, entón, a instituírse a obriga de capturar a peza da persoa contrincante, que tamén existe nalgúns xogos do alquerque, mais que non é común a todos, mesmo no alquerque moderno.[22]
De acordo co autor Arie Van Der Stoep, hai rexistros da época que mostran como se popularizou a práctica de retirar a peza da persoa xogadora que non efectuou a captura obrigatoria, achegala aos beizos e soprarlle enriba, antes de retirala do taboleiro. De aí o nome "regra do sopro" e mais da expresión "soprar a peza".
Alquerque no Museo do Teatro Romano de Caesaraugusta, en Zaragoza (España).Alquerque en Narros del Puerto, Ávila (España).Unha peza pode ser movida, a partir do seu punto, a calquera punto adxacente mentres o punto estiver baleiro, seguindo as liñas paralelas ou diagonais do taboleiro.
É posible mover pezas, avanzando unha casa ou punto, para diante, se estiver libre.
Unha peza pode saltar sobre unha peza adversaria e botala do xogo, se esa peza adversaria for adxacente e o punto alén dela estiver baleiro.
Dependendo das variantes do xogo do alquerque, é posible dar varios saltos sobre varias pezas adversarias, que teñan espazo entre si, cunha soa peza, encadeando a captura de todas as pezas sobre as que se saltou. Nalgunhas versións é obrigatorio facelo, mentres que noutras é facultativo ou non permitido, en función das regras predeterminadas.
Deste xeito, dependendo da variante do xogo do alquerque, as oportunidades de captura son obrigatorias e, de non seren practicadas cando había a oportunidade, a peza que non saltou retírase do xogo como penalización (a isto se designa, coloquialmente, "soprar a peza", a mercé da regra francesa que foi introducida no século XV). Hai variantes do alquerque en que non existe esta obriga/penalidade.
Robert Charles Bell desenvolveu regras adicionais, ao afirmar que aquelas dadas por Afonso X "non eran suficientes para se poder xogar". Estas normas extras son as seguintes:
As pezas non poden moverse para atrás, mais poden comer pezas que estean para tras de si.
As pezas non poden retornar á mesma casa onde xa estiveron na mesma xogada, mais nas xogadas seguintes poden.
Cando unha peza chegar a unha casa da fileira de atrás da persoa adversaria, só pode moverse para capturar as pezas adversarias, en caso contrario fica inmobilizada.
Bell tamén inclúe un sistema de puntuación para avaliar as partidas.
Alquerque no Museu arqueològic i etnològic del Comtat, en Alacante (España)
O alquerque produciu unha infinidade de variantes, como o fetch marroquí ou o terhüchü do nordeste indio; ambos os dous son xogos de taboleiro cadrado, como o alquerque. É semellante ao awithlaknannai (lit. «loita de serpes»),[38] xogado polos amerindios zuni, do Novo México que se xoga cun taboleiro rectangular e ao peralikatuma, que se xoga en Sri Lanka.
Hai outras variantes máis complexas, como o zamma, tamén chamado srand, dahmet e damma, de Mauritania[39]; e o dablot prejjesne[40] de Laponia, que se xogan con tres tipos de pezas distintas.
↑Pollux, Julius; Dindorf, Wilhelm (1824). Onomasticon. Leipzig : Kuehn.
↑Eustathios av Thessaloniki (2016). Eustathios of Thessalonike: commentary on Homer's Odyssey. Vol. 1: On rhapsodies A-B. Uppsala: Acta Universitatis Upsaliensis. ISBN978-91-554-9682-1.
↑Schädler, Ulrich (2008). Pente grammai — the ancient Greek board game Five Lines. Swiss Museum of Games. ISBN978-989-95878-5-4.
↑Westerveld, Govert (2004). La reina Isabel la Católica, su reflejo en la dama poderosa de Valencia, cuna de ajedrez moderno y origen del juego de damas. ISBN84-482-3718-8.