Saltar ao contido

Alopecia androxenética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alopecia androxenética
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Alopecia de patrón masculino
 Instancia de
 Especialidade médica
Identificadores
CIAP-2S23 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB7773 Editar o valor en Wikidata
OMIM109200 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001177 Editar o valor en Wikidata
eMedicine1070167 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Diversos tipos, graos e evolución de alopecia parcial de patrón masculino (escala Hamilton-Norwood).

A alopecia androxenética[1] ás veces traducida ao galego como alopecia androxénica,[2] é a perda de cabelo que afecta principalmente a parte superior e frontal do coiro cabeludo.[3] Nos homes, chámase alopecia androxenética de patrón masculino, tamén coñecida como alopecia ou calvicie masculina e nas mulleres, alopecia androxenética de patrón feminino. Nos homes, maniféstase principalmente polo retroceso da zona co cabelo, mentres que nas mulleres maniféstase como un cabelo progresivamente máis fino.[3]

Crese que a perda de cabelo masculina é causada por unha combinación de factores xenéticos e a hormona masculina dihidrotestosterona. Non obstante, aínda non se comprenden completamente as causas da alopecia en mulleres.[3]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Efectos psicolóxicos

[editar | editar a fonte]

O tratamento pode consistir simplemente en aceptar a condición de calvicie.[3] Con todo, a alopecia pode ter un impacto psicolóxico significativo. As persoas que experimentan perda de cabelo poden sufrir de ansiedade, depresión e fobia social debido á alteración da súa imaxe corporal e á percepción de non cumprir coas normas sociais de aparencia.[4]

Tratamentos farmacolóxicos

[editar | editar a fonte]

Outros posibles tratamentos inclúen os medicamentos minoxidil ou finasterida. Porén, a evidencia da eficacia da finasterida nas mulleres é limitada e pode causar malformacións fetais se se toma durante o embarazo.[3]

Transplante de cabelo

[editar | editar a fonte]

O transplante de pelo ou cabelo é unha técnica cirúrxica que extrae folículos pilosos dunha parte do corpo, chamado "sitio doante" a unha parte calva chamada "sitio receptor". Algúns pacientes poden beneficiarse coa aplicación tópica pre-operatoria de minoxidil e vitaminas.[5]

Prevalencia

[editar | editar a fonte]

A alopecia androxenética é a causa máis común de caída do cabelo e afecta ao 50% dos homes e ao 25% das mulleres aos 50 anos.[3]

  1. A alopecia denomínase androxenética, xa que está producida por factores ligados á masculinidade. O adxectivo "androxénico, -a" está reservado no dicionario galego de termos médicos (p.35) para o que ten "efecto masculinizante" (véxase tamén andróxeno).
  2. Pontevedra, Diario de (2011-08-02). "A OCU denuncia o engano dos tratamentos contra a alopecia". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-10-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Selected Disorders of Skin Appendages--Acne, Alopecia, Hyperhidrosis". The Medical Clinics of North America 99 (6): 1195–211. novembro de 2015. PMID 26476248. doi:10.1016/j.mcna.2015.07.003. 
  4. "Psychological effects of hair loss". DermNet® (en inglés). 2023-10-26. Consultado o 2024-10-01. 
  5. "Androgenetic Alopecia". Medscape. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]