Alonso de la Peña Montenegro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de abril de 1596 Padrón, España |
| Morte | 12 de maio de 1688 Quito, Ecuador |
| Roman Catholic Bishop of Quito (en) | |
| 4 de marzo de 1653 – ← Agustín de Ugarte y Sarabia (pt) Diocese: Roman Catholic Diocese of Quito (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1654–), teólogo |
| Consagración | Cristóbal de Torres (en) |
Alonso de la Peña Montenegro, nado en Padrón o 27 de abril de 1596 e finado en Quito o 12 de maio de 1688, foi un eclesiástico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedía dunha familia nobre. Fixo estudos eclesiásticos e universitarios en Santiago de Compostela, recibindo o grao na capela da Comuñón da catedral. Posteriormente foi catedrático de teoloxía e reitor da Universidade, até que foi nomeado bispo de Quito. Máis tarde foi nomeado vicerrei do Perú. Escribiu a obra Itinerario de párrocos....
Foi enterrado en Quito, malia que dotara o seu panteón na igrexa de Iria, con sepultura e estatua orante, pero a súa familia non se ocupou do traslado do corpo, polo que o sepulcro de Iria está baleiro.