Alonso González Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlonso González Rodríguez
Biografía
Nacementoséculo XVIII Editar o valor em Wikidata
Pobra de Seabra, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 1823 Editar o valor em Wikidata
Pobra de Seabra, España Editar o valor em Wikidata
Deputado
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , latifundiário (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alonso González Rodríguez, nado no século XVIII en Pobra de Seabra e finado o 30 de novembro de 1823, foi un pioneiro da vacinación e político español de ideoloxía liberal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ensaiou con éxito unha vacina contra a varíola na comarca de Seabra en 1803[1], con especial éxito no concello de Trefacio[2], e logo durante guerra contra o francés formou, como vogal de armamento da xunta local, parte das forzas que se opuxeron ao asedio do exército francés á súa cidade natal e ao cabo tivo que fuxir ao monte, e alí o coñecemento do terreo favoreceu o movemento de tropas portuguesas pola fronteira[3]. En 1813, tras a liberación da Pobra, foi un do tres deputados que a provincia de Valladolid (na que entón estaban incluída a terra de Sanabria) enviou ás Cortes[4].

Tras conseguir praza como funcionario da Facenda Real, xubilouse en 1816 e volveu á súa localidade natal[5]. Durante o Trienio Liberal foi deputado provincial polo partido da Pobra de Seabra na deputación provincial de Valladolid entre 1820 e 1822.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Duro Torrijos, José Luis (2014). Los inicios de la lucha contra la viruela en España. Técnica e ideología durante la transición de la inoculación a la vacuna (1750-1808). Universitat d'Alacant. p. 361. 
  2. Rojo Vega, Anastasio (2009). La inoculación antivariólica y la vacunación jenneriana en Castilla y León (1728-1802). Esteve. p. 97. 
  3. Anta Muñoz, Antonio. La Diputación Provincial de Valladolid en el siglo XIX (1813-1874)ano=2012. p. 441. 
  4. Sánchez Fernández, Jorge (2002). Valladolida durante la Guerra de la Independencia Española (1808-1814) (PDF). p. 206. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 06 de febreiro de 2022. 
  5. Carasa Soto, Pedro (2011). Diccionario biográfico de parlamentarios castellanos y leoneses. Universidad de Valladolid. p. 489.