Saltar ao contido

Almudena Ariza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlmudena Ariza
Biografía
Nacemento(es) Almudena Ariza Núñez Editar o valor en Wikidata
1 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - Q67146338 Traducir (1981–1986) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncorrespondente (2010, 2013, 2019, 2021, 2024–2012, 2019, 2021, 2022), presentadora de novas, locutor, xornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorÁbside Media (pt) Traducir (2000–2000)
Traballador independente (1999–2000)
RTVE (1989, 2000–1999)
Grupo PRISA (1980, 1982, 1983–1981, 1983, 1989) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1397220 Twitter: almuariza Instagram: almudena.ariza Editar o valor en Wikidata

Almudena Ariza Núñez, nada en Madrid o 1 de setembro de 1964, é unha xornalista española.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo poa Universidade Complutense de Madrid, iníciase profesionalmente na radio, ingresando na Cadena SER con tan só dezasete anos. Nesa emisora intégrase nos servizos informativos onde permanece varios anos.

En 1989 ingresa en Televisión Española e un ano despois debuta ante a cámara, acompañando a Jesús Hermida no Telediario nocturno que nese momento recibe o nome de Diario Noche e onde se encarga de relatar a Crónica del día.

En 1994 presenta o concurso ¿Cómo lo hacen?, xunto a Jordi Hurtado que só se mantivo un mes na grella e que foi a súa única incursión máis alá dos espazos informativos, xa que dous anos despois compartía plató con Matías Prats na presentación da primeira edición de Telediario.

En 1998 pasou ó Telediario de fin de semana, xunto a Pedro Sánchez Quintana e Sergio Sauca e un ano máis tarde trasladouse a Nova York para completar a súa formación xornalística.

Ó seu regreso, e pese a facer algunhas suplencias na presentación do espazo Informe semanal (en 2000), especializouse en reporteirismo, e nos últimos anos cubriu entre outros eventos, os atentados do 11 de setembro de 2001 de Nova York, os conflitos bélicos en Afganistán e Iraq, o terremoto de Bam en Irán ou a catástrofe do buque Prestige. Tamén se destacou pola cobertura do tsunami, desde Tailandia e Aceh (Indonesia). Viaxou por Asia e África realizando decenas de reportaxes sobre guerras ou a sida entre outros, permaneceu varios anos no equipo de Reporteiros de TVE especializado na realización de reportaxes de investigación nos telediarios de Televisión Española e presentou o docu-drama Hay que vivir en La 1 en 2007.

Algunhas das súas últimas coberturas foron a do devastador terremoto en Haití en 2009 e a do terremoto e posterior tsunami no Xapón en 2011. Entre o 1 de agosto de 2010 e o 1 de xaneiro de 2013 foi correspondente de TVE para Asia Pacífico, con sede en Pequín e desde a última data éo en Nova York.

Tamén imparte clases de Empresa Audiovisual. Televisión e de Técnicas da Información Audiovisual na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid. É profesora no Instituto Oficial de Radio e Televisión e nos mestrados de Radio e Televisión da Universidade Juan Carlos I. Impartiu numerosos cursos de capacitación xornalística nas Universidades de Chile, Arxentina, O Salvador, Honduras e México e é conferenciante habitual en Cursos sobre Xornalismo en Universidades españolas e americanas. Tamén colabora con publicacións nacionais e internacionais.

Recibiu varios premios e galardóns, entre eles a Antena de Ouro e o Premio á Mellor Correspondente española no Estranxeiro, que outorga o Club Internacional de Prensa.