Almirante Padilla
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Venezuela | ||||
Estado da Venezuela (pt) | Zulia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.929 (2011) (26,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 448,8 km² | ||||
Almirante Padilla é un municipio de Venezuela. O seu nome é unha homenaxe ao almirante José Prudencio Padilla.
Administración
[editar | editar a fonte]Almirante Padilla é un dos 21 municipios do Estado Zulia en Venezuela.
Poboación
[editar | editar a fonte]En 2011, a poboación era 11 929 habitantes[1].
Capital
[editar | editar a fonte]A súa capital e sede da alcaldía é El Toro, Toas.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O municipio está formado por dúas parroquias civís cada unha encabezada por unha capital (entre parénteses):
- Illa de Toas (El Toro, sede da alcaldía)
- Monagas (San Carlos)
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está situado entre o lago de Maracaibo e o golfo de Venezuela.
Ademais das illas de Toas e Monagas, con cadansúa capital, integran o concello as illas de Zapara, Pescadores, Pájaros, Maraca e Bajo Pedro Colina, ademais doutros illotes menores.
Historia
[editar | editar a fonte]Século XVII
[editar | editar a fonte]O cacique Nigale, líder da resistencia do pobo añú e paraujano de Coquivacoa, caeu en combate contra os invasores da coroa de Castela na illa Zapara, un 23 de xuño de 1607.
Século XIX
[editar | editar a fonte]Por decreto do Presidente da República, Dr. Raimundo Andueza Palacio, o 3 de maio de 1890; se declárase ao Zulia e Falcón en posesión das respectivas soberanías. En xullo do mesmo ano incorpóranse ao Zulia as illas de Toas e San Carlos, confiándoselle a súa organización civil, e son integradas ao distrito Mara.
Século XX
[editar | editar a fonte]Despois de máis dun século de pertencer ao distrito Mara, o 26 de maio de 1989 pasa a conformar un municipio independente co nome do prócer da independencia colombiana, o almirante José Prudencio Padilla.
Século XXI
[editar | editar a fonte]O 7 de setembro de 2015 o presidente venezolano Nicolás Maduro, declarou parcialmente un estado de excepción no Estado fronteirizo do Zulia, pola crise diplomática con Colombia polos acontecementos ocorridos no Estado Táchira, sendo esta entidade municipal un dos tres municipios afectados pola medida presidencial.[2]
Economía
[editar | editar a fonte]Desde o século XVIII serviu como un dos principais centros de extracción de pedra calcaria para a construción de edificios militares e civís na rexión do Zulia. A economía de El Toro céntrase fundamentalmente na pesca no Lago de Maracaibo, as salinas e a minería, destacando o comercio de cemento, pedra calcaria, granzón e cal. O turismo experimentou un crecemento moderado desde os anos 90.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Censo de Poblacion y Vivienda/ entidad: Zulia". ine.gob.ve (en castelán).[Ligazón morta]
- ↑ "Estado de excepción en tres municipios". elmundo.com.ve (en castelán). Consultado o 3-5-2022.
- ↑ San Carlos, Zapara e Isla de Toas esperan a turistas Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is 'El Diario de Los Andes'. 14 de outubro de 2008. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Almirante Padilla |