Saltar ao contido

Alliance to End Plastic Waste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alliance to End Plastic Waste
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
Actividade
 Industria
Economía
 Ingresos totais
55629000 € (2019) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: AllianceToEndPlasticWaste Twitter: endplasticwaste Instagram: alliancetoendplasticwaste LinkedIn: the-alliance-to-end-plastic-waste Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Alliance to End Plastic Wate (AEPW) (en galego, Alianza para acabar cos residuos plásticos) é unha organización sen fins lucrativos con sede en Singapur.[1]

En novembro de 2019 o grupo creou o programa Renew Oceans (en galego, Renovar os océanos) para retirar plástico no río Ganxes, na India. En outubro de 2020 o programa deixou de operar, en parte debido aos desafíos presentados pola pandemia do COVID-19.[1]

AEPW prometeu en 2020 gastar 1 500 millóns de dólares estadounidenses antes de 2024 para reducir a contaminación por plástico e aumentar os esforzos na reciclaxe.[2][3] En setembro de 2020 o grupo informou ter gastado 400 millóns de dólares en proxectos no Sueste asiático, África e a India.[4]

O grupo foi criticado por promover unha redución dos residuos plásticos en troques dunha redución da produción de plástico.[5] Ademais, o obxectivo de reciclar 15 millóns de toneladas é só o 0,8% dos 1 800 millóns de toneladas da produción de residuos plásticos, e a reciclaxe real de residuos plásticos entre 2019 e 2021 foi só de 400 000 toneladas, comparado co obxectivo de 9 millóns de toneladas en 3 anos.[6]

En 2022, o grupo xuntouse coa empresa canadense Plastic Bank para lanzar Ocean Steward Educational Programme (en galego, Programa educativo de axudantes do océano) co obxectivo de animar aos nenos a traer os residuos plásticos que teñen na casa a grupos de recolección de plástico na escola.[7]

Membros e colaboración

[editar | editar a fonte]

Os membros fundadores inclúen a BASF, Chevron Phillips Chemical, ExxonMobil, Dow Chemical, Mitsubishi Chemical Holdings, Procter & Gamble e Shell.[8]

A Alliance to End Plastic Wastes está formada por arredor de 80 organizacións, incluíndo a algunhas empresas entre as principais do mundo nos sectores químico, plástico, bens de consumo e xestión de residuos. Os membros comprométense a investir os seus recursos, coñecemento e habilidades para avanzar na misión do grupo. Outros membros notábeis da AEPW son Suez e Veolia.

A AEPW traballa co Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentábel como socio estratéxico e co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.[9] O grupo foi amplamente criticado como unha iniciativa de baño verde que non acadou obxectivos ambiciosos para a limpeza de plástico e que utiliza o seu poder para evitar a regulación dos plásticos.[10][5][6]

  1. 1,0 1,1 Brock, Joe; Geddie, John; Sharma, Saurabh (18 de xaneiro de 2021). Rigby, Bill, ed. "Big Oil’s flagship plastic waste project sinks on the Ganges" [O proxecto insignia de residuos de plástico das grandes petroleiras afunde no Ganxes]. Reuters (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  2. Glaun, Dan (17 de febreiro de 2021). "The Plastic Industry Is Growing During COVID. Recycling? Not So Much." [A industria do plástico está a medrar durante o covid. ¿Reciclar? Non tanto.]. Frontline (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  3. Joyce, Christopher (20 de agosto de 2019). "U.S. Recycling Industry Is Struggling To Figure Out A Future Without China" [A industria da reciclaxe dos EUA con problemas buscando un futuro sen China]. NPR (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  4. Osborne, James (2 de novembro de 2020). "U.S. contribution to plastic waste crisis larger than previously understood" [A achega dos EUA á crise dos residuos plásticos, maior do que se pensaba]. Houston Chronicle (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  5. 5,0 5,1 Boudreau, Catherine (25 de marzo de 2021). "'It's a pipe dream': Green groups blast plastic makers' recycling push" ["Son castelos no aire": Grupos ecoloxistas cargan contra o impulso á reciclaxe dos fabricantes de plástico]. Politico (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  6. 6,0 6,1 Bofiliou, Thalia; Willis, John; Guessous, Neil; Kozlowski, Nicole (Agosto de 2022). "Alliance to End Plastic Waste: Barely Credible" [Alliance to End Plastic Waste: pouco críbel] (PDF). Planet Tracker (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  7. "Ocean Stewards". Alliance to End Plastic Waste (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  8. "About the Alliance to End Plastic Waste". Alliance to End Plastic Waste (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  9. Toto, Deane (16 de xaneiro de 2019). "Alliance to End Plastic Waste targets plastic in the environment" [Alliance to End Plastic Waste fíxase como obxectivo o plástico no medio]. Recycling Today. Consultado o 24 de outubro de 2025. 
  10. Baker, Stephanie; Campbell, Matthew; Tanakasempipat, Patpicha (20 de decembro de 2022). "Inside Big Plastic’s Faltering $1.5 Billion Global Cleanup Effort" [No interior do feble esforzo global de limpeza de 1 500 millóns de dólares dos grandes fabricantes de plástico] (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]