Allahabad - इलाहाबाद

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Allahabad (Hindi: इलाहाबाद, Urdú اله اباد ilāhābād) é unha cidade do estado de Uttar Pradesh, India. No ano 2005 tiña 1.078.658 habitantes.
Localizada no sur do estado na confluencia do río Ganxes e o Yamuna. A cidade moderna está no sitio da antiga cidade santa de Prayaaga, e é un dos lugares de Kumbha Mela (peregrinación hindú), con grande importancia na relixión hindú. O nome, co significado de cidade de Deus, deullo o emperador mogol Akbar no ano 1583 baixo a forma de al-Ilhahabad.
Durante o mandato británico, Allahabad foi a capital das Provincias Unidas ata 1920's. A Universidade de Allahabad tiña gran prestixio a comezos do século XX, coñecida como a Oxford do leste.
A cidade é o punto de referencia da hora estándar india.
Na cidade naceu Jawaharlal Nehru, e Allahabad é a cidade que deu máis primeiros ministros á India.