Todo sobre Eva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «All About Eve»)

Todo sobre Eva
Ficha técnica
Título orixinalAll About Eve
DirectorJoseph L. Mankiewicz
GuiónJoseph L. Mankiewicz
Baseado enThe Wisdom of Eve, de Mary Orr
IntérpretesBette Davis
Anne Baxter
George Sanders
Celeste Holm
MúsicaAlfred Newman
FotografíaMilton R. Krasner
MontaxeBarbara McLean
Estrea13 de outubro de 1950
Duración138 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$1 400 000[2][3]
Recadación$8 400 000[4]
Na rede
IMDB: tt0042192 Filmaffinity: 412657 Allocine: 1596 Rottentomatoes: m/1000626-all_about_eve Mojo: allabouteve Allmovie: v1546 TCM: 67044 Metacritic: movie/all-about-eve TV.com: movies/all-about-eve Netlix: 242142Editar o valor em Wikidata

Todo sobre Eva (en inglés, All About Eve) é un filme do director Joseph L. Mankiewicz que conta a historia dunha recoñecida mais madura actriz de Broadway, Margo Channing, e a ambiciosa fan Eve Harrington.

Protagonizado por Bette Davis e Anne Baxter tamén lle deu a Marilyn Monroe un dos seus primeiros papeis de importancia.

Emitiuse en galego na TVG o 5 de maio de 2000.[5]

Argumento[editar | editar a fonte]

Nunha entrega de premios, Eve Harrington recibe o premio Sarah Siddons pola súa interpretación en Footsteps on the Ceiling. O crítico teatral Addison DeWitt observa o momento e cunha sarcástica voz en off conta o ascenso de Eve como actriz teatral.

Un ano antes Margo Channing é unha das maiores estrelas do teatro de Broadway, mais acaba de cumprir corenta anos e sabe que supón iso para a súa carreira. Tras unha función, Karen Richards, amiga íntima de Margo, coñece a súa fan Eve Harrington na porta do teatro. Karen lévaa a coñecer a Margo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O argumento de Todo sobre Eva procede dunha anécdota que a actriz Elisabeth Bergner contou a Mary Orr e que esta converteu nun relato breve.

Mankiewicz buscaba unha historia sobre unha actriz que estaba a envellecer e tras ler "The Wisdom of Eve", informou a Darryl F. Zanuck que podía combinar as dúas historias, suxerindo a Susan Hayward como protagonista.

Finalmente Hayward foi descartada por Zanuck por ser "demasiado nova", Marlene Dietrich, por ser "demasiado alemá", e Gertrude Lawrence, porque o seu avogado insistiu en que non podía beber nin fumar no filme e que había que modificar o guión para que cantase unha canción.[6] Zanuck pensou en Barbara Stanwyck, mais non estaba dispoñible. Tamén foron consideradas Tallulah Bankhead, Ingrid Bergman e Joan Crawford,[7] que xa estaba traballando en The Damned Don't Cry.

O papel foi finalmente para Claudette Colbert, mais sufriu unha lesión grave no lombo e tivo que abandonar ao pouco tempo de comezar a rodaxe. Finalmente foi escollida Bette Davis,[6] que aceptou inmediatamente. Tras contratar a Davis, Mankiewicz revisou o guión para converter a Margo nunha persoa máis abrasiva.

Anne Baxter, que gañara o Oscar á mellor actriz secundaria en 1946 conseguiu o papel de Eve Harrington despois de que a escollida, Jeanne Crain, quedase embarazada.

Crítica e premios[editar | editar a fonte]

Todo sobre Eva recibiu críticas positivas desde a súa estrea en Nova York o 13 de outubro de 1950.[8][9] O seu gran competidor ese ano foi o filme de Billy Wilder Sunset Boulevard.

Na 23ª edición dos Oscar, Todo sobre Eva conseguiu catorce candidaturas, récord que igualou Titanic corenta e sete anos máis tarde.[10] Gañou os premios ao mellor filme, director, actor secundario, guión, vestiario e son. Ademais continúa a ser (no 2022) o único filme con catro actrices candidatas ao Óscar.

Gañou tamén o Globo de Ouro ao mellor guión e o BAFTA ao mellor filme. No Festival de Cannes gañou o Gran Premio do Xurado e o premio á mellor actriz para Bette Davis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ALL ABOUT EVE (A)". British Board of Film Classification. 2 de outubro de 1950. Consultado o 6 de decembro de 2014. 
  2. Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 245, ISBN 978-0-8108-4244-1.
  3. Rudy Behlmer, Behind the Scenes, Samuel French, 1990 p 208
  4. "Box Office Information for All About Eve". The Numbers. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  5. "Televisión". ABC. 29 de abril de 2000. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 TCM "Notes" on TCM.com
  7. "Legendaryjoancrawford.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  8. Crowther, Bosley. "Movie Review - All About Eve" New York Times (14 de outubro de 1950)
  9. Ebert, Roger "All About Eve (1950)" Arquivado 09 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Chicago Sun-Times (11 de xuño de 2000)
  10. Na 89ª edición dos Oscar, tamén igualou o récord o filme La La Land.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]