Aliona Lanskaja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aliona Lanskaja
Алёна Ланская
Alyona Lanskaya, ESC2013 press conference 09 (crop).jpg
Nacemento7 de setembro de 1985 (33 anos)
OrixeMahilioŭ, rexión de Mahilioŭ, Belarús Belarús
OcupaciónCantante
XéneroPop, Folk
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2011 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Aliona Lanskaja (en belaruso: Алёна Ланская), nada o 7 de setembro de 1985 en Mahilioŭ (Rexión de Mahilioŭ, Belarús), é unha cantante belarusa, gañadora do concurso "Slaviansi Bar in Vítebsk) e coñecida internacionalmente por representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.

Carreira[editar | editar a fonte]

Eurofest 2012[editar | editar a fonte]

Logo de avanzar na semifinal do 21 de decembro de 2011, cualificou para unha das finais do Eurofest 2012. O 14 de febreiro de 2012, obtivo a honra de representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2012, en Bakú coa canción "All My Life".[1] Pero, o 24 de febreiro, anunciouse que Lanskaja estaba descualificada despois dunha investigación conducida por Aliaksandr Lukašenka pola súa "inxusta" vitoria no Eurofest, logo da cal circularon rumores de que os seus produtores manipularan o televoto dándolle 12 puntos e a vitoria. En resposta, Lukašenka ordenou unha inmediata investigación que logo confirmou os rumores. Foi substituída pola banda Litesound, que obtivera o segundo lugar.[2]

Eurofest 2013[editar | editar a fonte]

Logo da súa descualificación en 2012, Aliona intentou outra vez representar a Belarús en 2013 coa canción "Rhythm of love". O 7 de decembro de 2012, Lanskaja volveu gañar a final nacional, obtendo os 12 puntos do público e xurado polo que obtivo o dereito a representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia. Tras gañar o Eurofest, decidiu cambiar a canción con acudiríaa a Eurovisión por "Solayoh", escrita por Mark Paelinck.

Festival de Eurovisión 2013[editar | editar a fonte]

No festival celebrado en Malmö, a Lanskaja correspondeulle por sorteo actuar na primeira semifinal, onde obtivo o pase á final co sétimo posto. Na final celebrada o 18 de maio, Lanskaja finalizou en 16º lugar.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alyona Lanskaya to represent Belarus". 25 de noviembre de 2012. 
  2. "Litesound as new Belarusian representative in Baku". 24 de febrero de 2012. 
  3. "Eurovision Song Contest 2013 Grand Final". eurovision.tv. Consultado o 20 de agosto de 2013.