Alingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alingua
Logo
Tipoasociación cultural
Data de fundación2019
Fundador(es)Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois, Santiago de Compostela, A Baña, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Moaña, Ponteceso, Redondela, Ribadeo, Teo e Vilagarcía de Arousa
Eventos/ActividadesEnreguéifate, Youtubeir@s e Proxecto Apego
Na rede
https://alingua.gal/
Facebook: AlinguaAsoc Instagram: alingua_u Youtube: UCf5DnSjoBFpXSo46Ji6e9KA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alingua é unha asociación de entidades locais creada para promover, coordinar, dinamizar, impulsar, asesorar e apoiar todas aquelas accións que fomenten o uso da lingua galega.

Actividade[editar | editar a fonte]

A asociación fundouse no ano 2019 polos seguintes concellos: Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois, Santiago de Compostela, A Baña, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Moaña, Ponteceso, Redondela, Ribadeo, Teo e Vilagarcia de Arousa.[1]

Na actualidade desenvolve os seguintes proxectos:

  • Apego: Un programa dirixido ás familias como axuda á socialización en galego dos máis cativos.[2]
  • Club de debate: Programa que tenta crear espazos de socialización e convivencia en galego, a través de xornadas de formación, traballos e ensaios de investigación, e intensas xornadas de debate. Esta dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos.[3]
  • Youtubeir@s: Programa dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego en Youtube.[4]
  • Enreguéifate: Proxecto que promociona a lingua galega a través da difusión da improvisación oral en verso (regueifa).[5]
  • O gran reto: webserie na que unha persoa castelán documenta con vídeos o proceso de comezar a empregar o galego no seu día a día.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "alingua". alingua.gal. Consultado o 2022-03-23. 
  2. "Apego". Apego.gal. Consultado o 2022-03-24. 
  3. "Club de debate". www.facebook.com. Consultado o 2022-03-24. 
  4. "Youtubeiras". youtubeiras.gal. Consultado o 2022-03-24. 
  5. "Enreguéifate - Súmate á regueifa expansiva!". Enreguéifate!. Consultado o 2022-03-24. 
  6. "'O gran reto': a webserie das que se pasan ao galego". Vinte. 2023-07-05. Consultado o 2023-07-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]