Concello de Alingsås

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alingsås (municipio)»)
Modelo:Xeografía políticaConcello de Alingsås
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°56′00″N 12°32′00″L / 57.933333333333, 12.533333333333Coordenadas: 57°56′00″N 12°32′00″L / 57.933333333333, 12.533333333333
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor em Wikidata
CapitalAlingsås (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación42.382 (2023) Editar o valor em Wikidata (76,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie551,17 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude176 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webalingsas.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: alingsaskommun Twitter: alingsaskommun Instagram: alingsaskommun LinkedIn: alingsas-kommun Youtube: UC_1ABmoEWIgm-IptZqwKhNw GitHub: Alingsas-Kommun Editar o valor em Wikidata

Alingsås é un concello (s. kommun) sueco, do condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é a vila homónima de Alingsås, onde reside máis da metade da súa poboación.

O municipio de Alingsås intégrase dende o 1 de xaneiro de 2005 na área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg).

Historia da administración[editar | editar a fonte]

A área do municipio correspóndese ás parroquias históricas (socken) de Alingsås, Bälinge, Erska, Hemsjö, Långared, Magra, Rödene, Ödenäs, a maior parte de Stora Mellby e unha parte pequena de Östads, que se foron fusionando ao longo de distintas reformas administrativas dos últimos dous séculos.

A cidade de Alingsås fundouse en 1619, e o municipio da cidade (stadskommun) en 1863. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nas parroquias rurais concellos rurais (landskommun), co nome correspondente, porén o de Rödene e Alingsås xa se fusionaran daquela. Coa reforma municipal de 1952 agrupáronse os territorios das parroquias rurais para formaren os concellos de Bjärke e Hemsjö. En 1955 transferíuse a área de Bälinge do concello de Vårgårda á cidade de Alingsås.

En 1971 reformouse o goberno municipal da cidade de Alingsås. En 1974 incorporou o concello de Hemsjö e a parte principal do de Bjärke.[2] En 1975 apropiouse de terras do concello de Lerum: a parte máis setentrional da parroquia de Östad (Brobacka e Österäng, e arredores), así como a parte norte da vila de Östad.

O municipio pertence ao partido xudicial de Alingsås dende a súa formación.[3] Anteriormente formara parte do desaparecido condado de Älvsborg.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio de Alingsås está situado no oeste da rexión histórica (landskap) de Gotia Occidental. O concello limita ao oeste cos concellos de Lerum, Ale e Trollhättan, así como con dous cachiños de Lilla Edet[4]; ao norte co de Grästorp, ao nordés co de Essunga, ao leste co de Vårgårda, e ao sur co concello de Bollebygd. A través do municipio flúe o río Säveån.

A paisaxe de Alingsås está composta principalmente por bosques e lagos, característicos da paisaxe do sur da Gotia Occidental. Porén, esta paisaxe está interrompida por terras de labradío ao longo do río Säveån, ao nordés do núcleo. Entre os lagos, os máis destacados son o lago Anten (18 km²), e o meirande lago Mjörn, que porén non colle máis ca unha parte pequena dentro do territorio municipal.

O territorio do concello crúzao a estrada europea E20, así como o camiño de ferro que une Gotemburgo con Estocolmo desde 1862. Ademais, Alingsås está dentro da rede de tren de proximidades de Gotemburgo (40 minutos).

Cultura e turismo[editar | editar a fonte]

Na zona máis setentrional do concello había probablemente un cento de muíños de vento no século XIX. Cando Suecia conseguiu estender a rede eléctrica ao longo do século XX, a maioría dos muíños foron abandonados, pero algúns foron gardados e restaurados. Outro elemento de patrimonio cultural é o castelo de Gräfsnäs, hoxe en ruína, e que se atopa na ribeira norte do lago Anten. O castelo foi construído na década de 1550, pero ardeu tres veces, a máis recente en 1834.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-06. 
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  3. "Elsa Trolle Önnerfors: Domsagohistorik - Alingsås tingsrätt (del av Riksantikvarieämbetets Tings- och rådhusinventeringen 1996-2007)". Consultado o 6 de agosto de 2022. 
  4. "Webbkarta". karta.ale.se. Consultado o 2022-08-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]