Aline Frazão
Aline Frazão | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de xuño de 1988 (34 anos) |
Orixe | Luanda, ![]() |
Ocupación | Cantante, compositora |
Xénero | Fado, MPB, jazz e música tradicional de Angola e Cabo Verde. |
Instrumento(s) | Voz |
Na rede | |
http://www.alinefrazao.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aline Frazão, nada o 17 de xuño de 1988 en Luanda, é unha cantante e compositora angolana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira musical con 9 anos e dende entón tivo oportunidade de cantar varios estilos de música como o fado, MPB, o jazz e a música tradicional de Angola e Cabo Verde. Con 15 anos comezou a escribir as súas primeiras cancións, tocando a guitarra con influencias do Brasil, en especial da bossa nova. Ós 18 anos mudouse para Lisboa ó ingresar no curso de Ciencias da Comunicación, e compaxinou a facultade con pequenas colaboracións en diversos proxectos de música e teatro. Despois diso, continuou a súa viaxe pasando por Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela.
Foi en Madrid onde comezou a facer concertos acústicos en bares e salas, interpretando versións de clásicos da música angolana, cabo-verdiana e brasileira, e tamén temas autorais. Procurando unir dúas paixóns - viaxar e cantar -, Aline actuou en diversas cidades como París, Dublín, Lisboa, Luanda, Bruxelas, Londres e Buenos Aires.
Discografía[editar | editar a fonte]
- A Minha Embala (2009)
- Clave Bantu (2011)
- Movimento (2013)
- Insular (2015)