Alien Resurrection

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alien Resurrection
Título orixinal Alien Resurrection
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Jean-Pierre Jeunet
Produtor Gordon Carroll
David Giler
Walter Hill
Bill Badalato
Guión Joss Whedon
Baseado en Personaxes de Dan O'Bannon e Ronald Shusett
Intérpretes Sigourney Weaver
Winona Ryder
Ron Perlman
Dominique Pinon
Gary Dourdan
Michael Wincott
Brad Dourif
Leland Orser
Dan Hedaya
J. E. Freeman
Kim Flowers
Raymond Cruz
Música John Frizzell
Fotografía Darius Khondji
Montaxe Hervé Schneid
Estudio Brandywine Productions
Distribuidor 20th Century Fox
Ano 1997
Duración 109 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Ficción científica, Terror
Orzamento $75 000 000[1]
Recadación $161 376 068
Filme anterior Alien 3
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Alien Resurrection é un filme estadounidense dirixido por Jean-Pierre Jeunet que foi estreado en 1997. Cuarto filme da saga de Alien, e o primeiro da serie en ser rodado fóra de Inglaterra, nos estudios de 20th Century Fox dos Ánxeles, California.

No filme, que está ambientado 200 anos despois do filme anterior, Alien 3 (1992), Ellen Ripley (Sigourney Weaver) é clonada e unha raíña Alien é extraída quirúrxicamente do seu corpo. A "United Systems Military" pretende criar aliens para estudalos e investigalos na nave espacial USM Auriga, usando hóspedes secuestrados e entregados a eles por un grupo de mercenarios. Os aliens escapan das súas gaiolas mentres Ripley e os mercenarios tentan escapar e destruír a Auriga antes de chega á Terra.

Alien: Resurrection foi estreado o 26 de novembro de 1997 e recibiu acollidas dispares por parte dos críticos de cine.

Argumento[editar | editar a fonte]

Máis de douscentos anos despois da súa morte, Ripley (Sigourney Weaver) é resucitada mediante o emprego de técnicas avanzadas de clonación. Pero o ADN de Ripley mesturouse co da Raíña Alien durante o proceso, polo que os científicos pretenden recreala tamén. Ripley comeza entón a desenvolver certas características do perigoso alieníxena.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]