Alicia Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlicia Sanz
Biografía
Nacemento10 de abril de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Ceuta, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3860454 Twitter: AliciaSanz_ Editar o valor em Wikidata

Alicia Sanz, nada en Ceuta o 10 de abril de 1988, é unha actriz española, residente nos Ánxeles coñecida polo seu papel de Lucía Elizondo na serie Gavilanes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a formarse con 6 anos no Centro Dramático Nacional de Ceuta e nas escolas de danza Cuna de Arte e Rosa Founound. En 2007, ó rematar o bacharelato, mudouse a Madrid para estudar interpretación na escola de Juan Carlos Corazza. Compaxinouno con clases de danza en Carmen Roche, clases de voz e canto con Vicente Fontes e seminarios con Claudio Tolcachir, Manuel Morón e Rosa Morais entre outros.

En 2009 empezou a dar os seus primeiros pasos como actriz rodando as curtametraxes El sobrino, Señales e varios videoclips. En 2010 apareceu por primeira vez na pequena pantalla na serie La pecera de Eva de Telecinco, na que interpretaba a Alicia, unha moza adolescente. O seu primeiro papel protagonista chegoulle ese mesmo ano da man de Gavilanes, o remake televisivo de Gavilanes de Antena 3 onde interpretaba a Lucía Elizondo, unha moza atractiva e con moito carácter.

Fala inglés, francés e ten coñecementos de árabe.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Television[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

  • Afterparty, como Carla. Dir. Miguel Larraya (2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]