Alicia Calderón Tazón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlicia Calderón Tazón
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Cantabria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cantabria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cantabria Editar o valor em Wikidata

Alicia Calderón é unha física, investigadora española, que traballa no Instituto de Física de Cantabria, centro mixto Universidade de Cantabria e CSIC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alicia Calderón é licenciada e doutora en Ciencias Físicas. Realizou a súa tese doutoral no sistema de aliñamento das cámaras de muones do detector CMS dentro do Instituto de Física de Cantabria (IFCA), Centro Mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Cantabria (UC), Cantabria, España. É investigadora no IFCA desde 2012.[1]

En 2012 foi investigadora JAE-DOC dentro do grupo de Física de Partículas no (IFCA).[2][3] É especialista na análise dos datos recollidos polo Experimento CMS (tamén denominado detector de partículas CMS ou Compact Muon Solenoid), ferramenta de ouro do Gran Colisionador de Hadrones (tamén chamado acelerador LHC o Large Hadron Collider) do CERN.[4][5][6].

En novembro de 2014 foi responsable xunto a outros investigadores do IFCA e do experimento CMS, do desenvolvemento e implementación da política de publicación de datos de CMS en aberto impulsada por Teresa Rodrigo Anoro, investigadora do IFCA e presidenta do consello da colaboración CMS. A contribución española á iniciativa de Open Data do CERN considerouse moi relevante dentro do proxecto de publicación dos resultados dos experimentos do Gran Colisionador de Hadrones a través dun portal de datos abertos (open data) cos datos das colisións reais producidos polos experimentos do LHC, a disposición para a comunidade científica e proxectos educativos.[7] Kati Lassila-Perini confirma que esta colaboración CMS foi o primeiro experimento en Física de Altas Enerxías en facer públicos os seus datos.

En 2015, Calderón empezou a ser coñecida polo seu traballo e é habitualmente requirida como relatora. En decembro dese ano, por exemplo,participou na mesa redonda 'Mulleres científicas. Mulleres na Ciencia', no marco da exposición "Muller e Ciencia. 13 nomes para cambiar o mundo" organizada pola Biblioteca Central de Cantabria en Santander coa colaboración da Universidade de Cantabria e do Goberno Rexional de Cantabria, creada pola Cátedra Tomás Pascual Sanz-CENIEH, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).[8][9]

É unha gran defensora da divulgación científica na sociedade, para provocar curiosidade, para ampliar o coñecemento xeral e para explicar a importancia da ciencia e da educación para o futuro e o desenvolvemento da sociedade a través de industrias competitivas e un aceptable nivel tecnolóxico que merecen unha investimento en ciencia e tecnoloxía.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[10]

Nota[editar | editar a fonte]

  1. "Campus Cultural Alicia Calderón Tazón" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Entrevistamos a la científica española del CERN Alicia Calderón - Omicrono". Omicrono (en castelán). 12 de xullo de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  3. Diximedia. "Publicados en abierto los datos de experimentos como los que descubrieron el bosón de Higgs". lainformacion (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  4. "MAMÁ, QUIERO SER CIENTÍFICA - EL PAÍS con tu futuro". EL PAÍS con tu futuro (en castelán). 28 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  5. "El bosón de Higgs, la partícula esquiva - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 27 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  6. "IFCA | Instituto de Física de Cantabria Member" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  7. CERN/CPAN/T21. "El CERN lanza un portal web público con los 'secretos' del LHC". Tendencias 21. Ciencia, tecnología, sociedad y cultura (en castelán). Consultado o 11 de febrero de 2017. 
  8. "Científicas y también heroínas". El Diario Montañés (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  9. SANTANDER, EUROPA PRESS / (2 de decembro de 2015). "La muestra 'Mujer y ciencia: 13 nombres para cambiar el mundo' se exhibe en la Biblioteca Central de Cantabria". El Periódico (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  10. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]