Alice in Borderland(en xaponés:今際の国のアリス,Hepburn:Imawa no Kuni no Arisu?) é un manga de suspense escrito e ilustrado por Haro Aso. Foi serializado pola revista Shōnen Sunday S de Shogakukan dende novembro de 2010 até marzo de 2015, e posteriormente foi publicado en Weekly Shōnen Sunday dende abril de 2015 ata marzo de 2016.
Alice in Borderland foi adaptado nun original video animation (OVA) en 2014 de tres episodios. Netflix adaptou a historia nunha serie de acción en vivo dirixida por Shinsuke Satō, a cal foi estreada en decembro de 2020.
Arisu, Karube e Segawa son un trío de delincuentes xuvenís que están aburridos das súas vidas actuais. Durante unha celebración con foguetes, Arisu desexa vivir nun mundo distinto que puidese ser máis emocionante para el. O seu desexo cúmprese, e os tres son transportados a un mundo paralelo exactamente igual que o seu no que desapareceu todo a xente. Despois de percorrer o festival baleiro de persoas, coñecen unha muller que lles di que acaban de "entrar no xogo". Despois ela explícalles en Borderland, deben xogar distintos xogos para sobrevivir.