Alice Waddington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlice Waddington
Biografía
Nacemento(es) Irene Lago Editar o valor em Wikidata
31 de xullo de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAlice Waddington Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webalicewaddington.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6563565 Twitter: alicewadd Instagram: alicewadd Editar o valor em Wikidata

Alice Waddington, nada Irene Lago Clavero o 31 de xullo de 1990 en Bilbao, é unha directora de cine, escritora, fotógrafa e deseñadora de vestiario española,[1][2] que desenvolveu a maior parte do seu traballo no campo do cine moderno. O seu estilo de dirección está definido por unha aproximación contemporánea á era de ouro das grandes producións de terror (1920–1970) das compañías de cine clásicas como Hammer Films ou Universal, mesturado con humor surrealista actual e ás veces cine musical.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bilbao co nome de Irene, sendo filla dunha psicóloga catalá e un profesor galego, e adoptou o nome artístico de Alice Waddington aos 16 anos, cando era asistente do director de fotografía Quique López.[3] Aos 18 anos comezou a estudar publicidade na Universidade do País Vasco, onde comezou a realizar fotografías de promoción e a dirixir filmacións de moda como fotógrafa e axudante de fotografía para as edicións españolas de Harper's Bazaar e Neo2 entre outras.

Carreira[editar | editar a fonte]

Entre os 20 e os 23 anos traballou como creativa publicitaria, produtora e editora de vídeos publicitarios nas axencias Leo Burnett Iberia e Social Noise, especializándose tamén como artista de storyboards dixitais.

Actress Ana Rujas on Alice Waddington's short film Disco Inferno
A actriz Ana Rujas rodeada por un muro de lume de efectos especiais durante a rodaxe de Disco Inferno, curtametraxe dirixida por Waddington.

En 2014, coa axuda da produtora executiva mexicana Yadira Ávalos, Waddington tomou un ano de descanso na axencia de publicidade para escribir e dirixir unha curtametraxe. Co apoio de patrocinadores,[4] produciu o seu primeiro filme narrativo de 11 minutos,[5] Disco Inferno (2015), que recibiu nomeamentos en 63 festivais internacionais de cine, varios deles especializados no xénero de terror como Palm Springs,[6] Fantasía, Sitges. (Premio Noves Visions Short)[7] ou o Fantastic Fest, que a premiou como Mellor Directora na súa categoría.[8] Recibiu ademais outros once premios en festivales internacionais, cunha considerable presenza da curtametraxe en festivais estadounidenses e canadenses.

En 2017 comezou a produción da súa primeira longametraxe, Paradise Hills,[8] coa produtora española Nostromo Pictures.[2][9] A película é un suspense de ciencia ficción escrito por Brian DeLeeuw e Nacho Vigalondo.[10] Foi estreado en 2019.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Directora Guionista Produtora Notas
2015 Disco Inferno Si Si Si Curtametraxe
2019 Paradise Hills Si Si Non

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La nueva brigada de It Girls españolas" (en castelán). 18 de xullo de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Spanish film-makers to follow: the magnificent seven" (en inglés). 1 de abril de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  3. ""Todas las mujeres somos hermanas y criticarnos es una lucha dañina e inútil"" (en castelán). 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  4. "Entrevista" (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  5. "Undistributed and Honorable Mentions (2015)" (en inglés). 26 de decembro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  6. "ShortFest directors pick favorite packages of short films" (en inglés). 20 de xuño de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  7. "‘Invitation’ Tops Sitges" (en inglés). 17 de outubro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Hopewell, John (13 de agosto de 2015). "‘Amateurs,’ ‘Paradise Hills,’ ‘Kiken’ Set for Austin Fantastic Market" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  9. De Pablos, Emiliano (14 de xaneiro de 2016). "Atresmedia, Warner’s ‘Palm Trees’ Dislodges ‘Star Wars’ from Spanish B.O. No. 1 Berth" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  10. Rubinstein, Mark (1 de maio de 2016). "'The Dismantling': A Conversation With Brian DeLeeuw" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022.