Alice Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alice Augusta Ball
Alicia Augusta Ball.jpg
Nacemento24 de xullo de 1892
 Seattle
Falecemento31 de decembro de 1916
 Seattle
Causavalor descoñecido
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaAfroamericano
Alma máterUniversidade do Havaí, Universidade de Washington e Broadway High School
Ocupaciónquímica e farmacéutica
editar datos en Wikidata ]

Alice Augusta Ball, nada en Seattle o 24 de xullo de 1892[1] e finada o 31 de decembro de 1916, foi unha química estadounidense que desenvolveu o único tratamento eficiente para tratar a lepra ata a chegada dos antibióticos na década dos 40.[2][3]

Tamén foi a primeira muller e a primeira muller negra en graduarse na Universidade de Hawai e obter un título de máster e dar clases na universidade.[1]

Vida persoal e educación[editar | editar a fonte]

Tiña dous irmáns maiores e unha irmá menor. A súa familia era de clase media, e o seu pai era un editor de xornal, fotógrafo e avogado. O seu avó, James Presley Ball, foi un famoso fotógrafo e o primeiro afroamericano dos Estados Unidos en aprender o daguerrotipo.[4] Viviron en Seattle até 1902 en que marcharon a Hawai para tratar a artrite do avó. Alí estiveron até 1904 en que morreu o seu avó. Daquela, retornaron a Seattle.[5][6]

Alice estudou química farmacéutica na Universidade de Washington[1][7] e en catro anos recibiu unha segunda licenciatura en farmacia.[8] Co seu profesor de Farmacia publicou un artigo de 10 páxinas na prestixiosa revista American Chemical Society titulado "Benzoylations in Ether Solution".

Despois de graduarse, Alice recibiu bolsas na Universidade de California en Berkeley e na Universidade de Hawai.[6] Optou pola Universidade de Hawai onde obtivo o máster en química, converténdose na primeira muller e na primeira muller afroamericana en obter un máster na institución.[2]

Investigacións[editar | editar a fonte]

Na Universidad de Hawai, para o seu traballo de posgrao, Alice estudou a composición química e o ingrediente activo do kava (Piper methysticum), unha planta orixinaria das illas do Océano Pacífico.[2] Debido a este traballo, foi contactada polo Dr. Harry T. Hollmann no Hospital Kalihi en Hawai, quen necesitaba un asistente para a súa investigación sobre o tratamento da lepra.[6] Nese momento, a lepra ou a enfermidade de Hansen era unha enfermidade altamente estigmatizada con apenas ningunha posibilidade de recuperación. Mesmo as persoas diagnosticadas con lepra eran levadas á illa hawaiana de Molokai coa intención de que morreran aló.[5][9]

O aceite de chaulmoogra xa era empregado dende moito tempo antes para tratar a enfermidade de Hansen, ou a lepra con resultados problemáticos: era demasiado pegañento para ser empregado de xeito efectivo por vía tópica, e como inxección, a consistencia viscosa do aceite creaba unha ampolas por baixo da pel e lugar de ser absorbido e estas ampolas orixinan unha fileiras e semellaba que " a pel do paciente foa remprazada por un envoltorio de burbullas".[10] Finalmente, a toma oral do aceite tampouco era moi efectiva polo sabor agre que provocaba o vómito dos pacientes[5] e dores de estómago.[11]

Alicia conseguiu desenvolver un proceso para illar os ésteres etílicos dos ácidos graxos no aceite de chaulmoogra para que poideran ser inxectados,[6] pero morreu antes de publicar os resultados.[8] Arthur L. Dean, químico e presidente da Universidade de Hawai, continuou o seu traballo e publicou os resultados, comezando a produción a gran escala do extracto de chaulmoogra inxectable.[4] Publicou a investigación sen mencionar a Alice e nomeou a técnica Dean Method, ata que Hollmann o advertiu sobre o traballo de Alice.[12]

En 1918, un médico de Hawai publicou no Journal of the American Medical Association que 78 pacientes foron dados de alta do hospital de Kalihi tras ser tratados coas inxeccións.[2][4] O ingrediente activo foi o mellor método para tratar a enfermidade de Hansen ata que se desenvolveron fármacos con sulfonamida na década de 1940.

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Alicia faleceu aos 24 anos, o 31 de decembro de 1916. Enfermou mentres investigaba e regresou a Seattle para recibir tratamento mais morreu poucos meses despois.[2] No 1917 , un artigo o xornal Pacific Commercial Advertiser suxeriu a hipótese de que a causa da súa morte puidose deber ao envelenamento por cloro mentres investigaba e impartía clases.[6] Porén, a causa real da morte é descoñecida pois o certificado de defunción orixinal foi, posteriormente, modificado indicando a tuberculose como causa.[13]

Aínda que a súa carreira foi curta, Alice introduciu un novo tratamento para a enfermidade de Hansen que permaneceu en uso ata a década de 1940,[4] salvando centos de vidas.

A Universidade de Hawai non recoñeceu o seu traballo ata a década dos noventa. En 2000, a universidade finalmente recoñeceu e honrou o nome de Alice Ball cunha placa xunto á árbore do chaulmoogra.[6] O mesmo día, o ex gobernador de Hawai, Mazie Hirono, declarou o 29 de febreiro o Día Alice Ball, que se celebra cada catro anos.[14]

Alice foi honrada, postumamente, polo consello de administración da Universidade de Hawaii cunha medalla de honra no 2007.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Brown (2012)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jackson, Miles (20-9-2007). "ALICIA AUGUSTA BALL (1892-1916)". blackpast.org (en inglés). Consultado o 9-2-2020. 
  3. Valdés, Isabel; Rubio, Isabel. "Alice Ball". elpais.com (en castelán). Consultado o 9-2-2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Wermager, Paul; Heltzel, Carl (febreiro de 2007). "Alice A. Augusta Ball. Young Chemist Gave Hope to Millions" (PDF). ChemMatters (American Chemical Society) 25 (1): 16–19. ISSN 0736-4687. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Swaby (2015), pp. 11-13
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mendheim, Beverly (setembro de 2007). "Lost and Found: Alice Augusta Ball, an Extraordinary Woman of Hawai'i Nei". northwesthawaiitimes.com (en inglés). Arquivado do orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 9-2-2020. 
  7. Gutman & Golden (2011), p. 15
  8. 8,0 8,1 Collins, Sibrina Nichelle (5-12-2016). "Alice Augusta Ball: Chemical Drug Pioneer". undark.org (en inglés). Consultado o 9-2-2020. 
  9. Pasternack, Ellen (29-2-2016). "Alice Ball and the Fight against Leprosy". blue-stocking.org.uk (en inglés). Consultado o 9-2-2020. 
  10. Inglis-Arkell, Esther (5-8-2015). "We Had A Cure For Leprosy For Centuries, But Couldn't Get It To Work". gizmodo.com (en inglés). Consultado o 9-2-2020. 
  11. "African Americans in Hawai'i". Social Process in Hawai'i 43. 2004. 
  12. "A tribute to Alice Bell: a Scientist whose Work with Leprosy was Overshadowed by a White Successor". The Daily of the University of Washington. 29 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2014. 
  13. Jackson (2004)
  14. Cederlind, Erika (29-2-2008). "A tribute to Alice Bell: a scientist whose work with leprosy was overshadowed by a white successor". dailyuw.com (en inglés). Arquivado do orixinal 6-8-2014. Consultado o 9-2-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown, Jeannette (2012). African American Women Chemists (ebook) (en inglés). Oxford / Nova York: Oxford University Press. pp. 19-24. ISBN 978-0199742882. 
  • Guttman, D. Molentia; Golden, Ernest (2011). African Americans in Hawaii. Colección: Images of America (en inglés). Charleston (South Carolina): Arcadia Publishing. ISBN 978-0-7385-8116-3. 
  • Swaby, Rachel (2015). Headstrong: 52 Women Who Changed Science—and the World (en inglés). Nova York: Broadway Books. ISBN 9780553446791. 
  • Wermager, Paul (2004). Miles M. Jackson, ed. "Healing the Sick". Social Process in Hawai'i (en inglés) (Honolulu: Department of Sociology. University of Hawai'i at Manoa) 43: 162–188. ISSN 0737-6871. OCLC 777929690. 
  • Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]