Aliaxes de aluminio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aliaxe de aluminio»)
Cadro de bicicleta de aliaxe de aluminio soldada.

As aliaxes de aluminio son aliaxes nas cales o metal predominante é o aluminio (Al). Os elementos máis habituais cos cales se alía o aluminio son o cobre, o magnesio, o manganeso, o silicio, o estaño e o zinc.

Características[editar | editar a fonte]

Divídense en dous grupos principais; as aliaxes de fundición e as aliaxes forxadas, que á vez subdivídense segundo si se poden someter a tratamento térmico ou non. Un 85% de todo o aluminio úsase para produtos forxados, coma por exemplo chapa laminada, folla de aluminio e extrusións. As aliaxes fundidas ofrecen unha boa relación calidade-prezo polo seu baixo punto de fusión, malia que teñen menor resistencia á tracción ca os forxados. O principal sistema de aliaxes de aluminio fundidos é Al-Si, no cal os altos niveis de silicio (4,0–13%) ofrecen boas propiedades de fundición. As aliaxes de aluminio teñen un amplo uso nas estruturas de enxeñería e os compoñentes que requiren un baixo peso ou resistencia á corrosión.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. I. J. Polmear, Light Alloys, Arnold, 1995.