Alianza da Esquerda Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sojusz Lewicy Demokratycznej
Alianza da Esquerda Democrática
Partido socialista polonés
Dirixentes e organización
LíderLeszek Miller
Filiación internacionalInternacional Socialista
Partido Socialista Europeo
Historia
Fundación15 de abril de 1999 1
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
socialismo
europeísmo
Representación
Representación25/460
Outros datos
Sedeul. Złota 9 Varsovia
Na rede
www.sld.pl
1 A partir de Socialdemocracia da República de Polonia.

A Alianza da Esquerda Democrática (en polaco: Sojusz Lewicy Demokratycznej, SLD) é o principal partido político de esquerdas de Polonia, fundado como tal o 15 de abril de 1999. É a terceira forza política no Sejm, cámara baixa da Asemblea Nacional da República, a esperas das eleccións do 2011. Unha coalición entre a SLD e o PSL gobernou Polonia entre 1993 e 1997 e entre 2001 e 2003.

A maior parte dos seus membros estiveron no SdRP (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej, Socialdemocracia da República de Polonia). A SdRP, canda outros partidos socialistas e socialdemócratas, formaron unha coalición de denominada Sojusz Lewicy Demokratycznej en 1991. Na coalición integráronse tamén antigos membros do PZPR (Polska Zjednoczona Partia Robotnicza - Partido Obreiro Unificado Polaco), que gobernou Polonia antes de 1989.

En 1999 a coalición transformouse en partido, perdendo algúns membros.

Para as eleccións de 2001 formou coalición con Unión do Traballo, obtendo máis de cinco millóns de votos, o 42% do total. Formou goberno co Partido Popular Polaco (PSL) con Leszek Miller como Primeiro Ministro.

Nas eleccións parlamentares do 2005, a SLD obtivo o 11,3% dos votos. A finais do 2006 formouse Esquerda e Demócratas, unha alianza entre a SLD e outros pequenos partidos do centroesquerda polaco como Unión do Traballo, Socialdemocracia de Polonia, ou Partido Democrático – demokraci.pl. A coalición obtivo o 13% dos votos nas eleccións do 2007, e disolveuse en abril do 2008.