Alianza Kosovo Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alianza Kosovo Novo
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaLiberalismo
Data de fundación3 de maio de 2006
Presidente/aBehgjet Pacolli (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
SedePristina
PaísKosovo
Na rede
http://www.akr-ks.eu/
editar datos en Wikidata ]

Alianza Kosovo Novo (en albanés Aleanca Kosova e Re, AKR) é un partido político kosovar, de orientación liberal[1].

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do partido está nun grupo de presión que creou en Washington o empresario Behgjet Pacolli, propietario da empresa suíza de construción e enxeñería Mabetex[2] en 2004 para favorecer un clima favorable á indepedencia de Kosovo[3]. En 2006 abriu unha oficina en Pristina e pouco despois o 3 de maio dese ano inscribiuno como partido político, e logrou inmediatamente un apoio significativo, e así nas eleccións de 2007 logrou o 12,3% dos votos e 13 escanos na Asemblea de Kosovo, co que se converteu o terceiro partido do país e o primeiro partido da oposición fronte ao goberno de coalición do Partido Democrático de Kosovo (PDK) e da Liga Democrática de Kosovo (LDK), encabezado por Hashim Thaçi.

Nas eleccións de 2010, o AKR obtivo 50 951 votos (7,29%) e 8 escanos e baixou ata o quinto partido do país, pero entrou a formar parte do goberno co PDK e outras forzas minoritarias.

O 22 de febreiro de 2011 a Asemblea elixiu a Behgjet Pacolli como presidente de Kosovo. Ao se converter en presidente, renunciou como líder do AKR debido aos requisitos constitucionais contra o dobre cargo. O 4 de abril de 2011 o presidente Pacolli cesou despois do Tribunal Constitucional declarar a súa elección inconstitucional. A maioría dos parlamentarios da oposición boicotearan as eleccións presidenciais debido á súa insatisfacción cos candidatos, polo que o tribunal invalidou as eleccións. O goberno de coalición con Hashim Thaçi continuou, e Pacolli pasou a ser viceprimeiro ministro de Kosovo[4]. En 2013 o partido fíxose coa alcaldía da sétima cidade do país, Gjakova da man da viceprimeira ministra Mimoza Kusari-Lila.

Nas eleccións de 2014 o AKR logrou 34 170 votos (4,67%) e ao non pasar do requisito do 5% non logrou deputados na Asemblea de Kosovo. Nas seguintes eleccións foi en coalición con diversas forzas políticas e logrou representación no parlamento.

Behgjet Pacolli, o líder da Alianza Kosovo Novo, en 2016

En 2016 o partido viviu unha crise interna que acabou coa marcha de Mimoza Kusari-Lila[5]en maio para se converter nunha das fundadoras de Alternativa no ano seguinte[6].

Nas eleccións de xuño de 2017 foi na denominada coalición LA coa Liga Democrática de Kosovo e Alternativa[7], pero en setembro o AKR deixou a coalición, cos seus catro deputados, e formou goberno coa Coalición PANA nun goberno liderado por Ramush Haradinaj da Alianza polo Futuro de Kosovo e que incluía tamén ministros do Partido Democrático de Kosovo, Lista Serbia, NISMA, así como sete ministros do AKR. Nas eleccións de 2019 concorreu en coalición con NISMA e o PSD[8] e logrou 2 escanos. En xuño de 2020 apoiou o goberno de Avdullah Hoti da Liga Democrática de Kosovo, pero non tivo ministros no seu gabinete. Nas eleccións de 2021 foi na lista do LDK e logrou un deputado.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Ano Votos %Votos Escanos Escanos albaneses Posición +/– Goberno
2007 70 165 12.3%
13 / 120
13 / 100
Crecente (crecemento) 13 Oposición
2010 50 951 7.29%
8 / 120
8 / 100
Decrecente Decrecente 5 Coalición
2014 34 170 4.67%
0 / 120
0 / 100
Decrecente Decrecente 8 extraparlamentario
2017 Parte da Coalición LA
4 / 120
4 / 100
Crecente (crecemento) Crecente (crecemento) 4 Coalición
2019 En coalición con
NISMA e PSD
2 / 120
2 / 100
Decrecente Decrecente 2 Apoio ao goberno
2021 Dentro da lista do LDK
1 / 120
1 / 100
Crecente (crecemento) Decrecente 1 Oposición

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nordsieck, Wolfram (2021). "Kosovo". Parties and Elections in Europe. 
  2. "Mabco Constructions SA, Lugano 2 Paradiso Caselle, Schweiz". North Data. 
  3. "Behgjet Pacolli, dal mattone alla politica". 6 de abril de 2006. 
  4. Günal, Altuğ (2015). "The Development of the Political System since February 2008". En Sabrina P. Ramet, Albert Simkus e Ola Listhaug. Civic and Uncivic Values in Kosovo: History, Politics, and Value Transformation. Central European University Press. p. 156. 
  5. "Mimoza Kusari Lila largohet nga AKR, ja ku do të shkojë". Albeu. 3 de maio de 2016. Archived from the original on 29 de outubro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  6. Wolfram Nordsieck (2023). Parties and Elections in Europe: Parliamentary Elections and Governments since 1945, European Parliament Elections, Political Orientation and History of Parties. BoD. p. 363. 
  7. "Ekskluzive: AKR-ja i bashkohet LDK-së në koalicion". IndeksOnline. 16 de maio de 2017. Archived from the original on 10 de setembro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  8. "Kosovo parties sign first pre-election coalition". Gazeta Express. 19 de agosto de 2019. Archived from the original on 23 de agosto de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2023.