Ali Sadpara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ali Sadpara
AliSadpara.jpg
Nacemento2 de febreiro de 1976
 Gilgit-Baltistão
NacionalidadePaquistán
Ocupaciónescaladora, porter e montañista
editar datos en Wikidata ]

Muhammad Ali Saspara, nado en Sadpara en 1972, é un alpinista paquistaní[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa relación coa alta montaña no ano 2000 traballando como porteador para expedicións estranxeiras no seu país. Non tardou en destacar facendo traballos na sombra e case sen facer ruído conquistou, agás o K2, todos os oitomiles de Paquistán. Gasherbrum I, Gasherbrum II, Broad Peak e Nanga Parbat.

Saltou á palestra no 2016 tras ser o primeiro ser humano e chegar a cima do Nanga Parbat durante a tempada invernal[2], acompañado por Alex Txikon e Simone Moro. O vasco Alex Txikon, líder oficial da expedición, recoñeceu a Sadpara como o líder natural da mesma[3] e incluso algúns alpinistas internacionais cualifícano como o único responsable do éxito da expedición, restándolle méritos a Moro e Txikon[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muhammad Ali Sadpara - Altitude". altitudepakistan.blogspot.com.es (en inglés). Consultado o 2016-08-31. 
  2. S.L.U., Barrabes Esquí Montaña. "1ª cima invernal Nanga Parbat: fotos de cumbre - Barrabes.com". Barrabes.com. Consultado o 2016-08-31. 
  3. "Ali ‘Sadpara’: “Mi labor es siempre invisible” | Alex Txikon". alextxikon.com. Consultado o 2016-08-31. 
  4. "Ponen en duda el éxito de Álex Txikon en el Nanga Parbat" (en castelán). 2016-02-03. Consultado o 2016-08-31.