Saltar ao contido

Ali Akbar Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAli Akbar Khan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1922 Editar o valor en Wikidata
Brahmanbaria Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
San Francisco Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, músico, cantante, compositor de bandas sonoras Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoHindustani classical music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAllauddin Khan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoSarod (pt) Traducir e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
Philips Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAashish Khan Editar o valor en Wikidata
PaiAllauddin Khan Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnnapurna Devi Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0451164 BNE: XX4813918 Spotify: 2GUxWjR8cNgljddVLEp72u Apple Music: 1408125472 Musicbrainz: 00fa3579-6b4e-4efc-bd26-03a93302ebdc Songkick: 282052 Discogs: 319702 Allmusic: mn0000742673 WikiTree: Khan-693 Editar o valor en Wikidata

Ali Akbar Khan (en bengalí: আলী আকবর খাঁ, Ali Akbar Khan), alcumes: Khansahib ou Ustad; nado en Shibpur, na localidade de Comilla, Bengala Oriental (actual Bangladesh), o 14 de abril de 1922 e finado en San Anselmo, California o 18 de xuño de 2009, doente dunha enfermidade renal, foi un compositor de música clásica hindustana bengalí. Histórico intérprete e mestre (Mo.) do sarod, un instrumento de corda utilizado na música do norte da India. Khan foi quen deu a coñecer o sarod nos Estados Unidos. O seu primeiro acto público celebrouno en Allahabad cando tiña trece anos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ali Akbar Khan foi o único fillo de Allauddin Khan, un músico lendario que revolucionou a música instrumental india e formou a algúns dos músicos máis recoñecidos da India, incluídos o seu fillo e Ravi Shankar. A súa formación foi extremadamente rigorosa e ás veces tivo que chegar a practicar até 18 horas ao día. O seu debut en concerto na Conferencia de Música de Toda a India en Allahabad en 1939 abriu un novo capítulo na música instrumental india ao redefinir a forma de tocar o sarod. Foi recoñecido tanto como un clásico consumado como un innovador do sarod, un laúde de 25 cordas cha e pé de pel. "Será lembrado como o mestre máis influente deste instrumento" de acordo ao lobby diplomático, The Global Indian.[2]

En 1943 converteuse en músico da corte do Maharaxa de Jodhpur. En 1945 realizou as súas primeiras gravacións discográficas para HMV.

Recibiu todos os premios musicais máis importantes da India e estaba considerado un "tesouro nacional". Nos EE. UU. foi honrado co "Premio á Xenialidade" MacArthur e coa Bolsa do Patrimonio Nacional (National Heritage Fellowship), que lle foi entregada por Hillary Clinton na Casa Branca en 1997.

Khansahib abriu a primeira Ali Akbar College of Music en Calcuta en 1956. Despois, coa grande onda de interese pola música india en Occidente, abriu a súa escola en San Rafael, California, en 1967, onde ensinou durante os seguintes 42 anos. Formou a miles de estudantes de Occidente e da India neste instituto.

Nunha estancia europea en Basilea, en Suíza durante 1985 inaugurou a Ali Akbar College of Music – Suíza, dirixida polo seu discípulo Ken Zuckerman, e levou a cabo seminarios anuais que atraeron a estudantes de toda Europa. Aínda que os problemas de saúde lle impediron volver a Basilea despois do 2003, a Escola segue a promover o seu traballo con clases continuas e seminarios anuais.

En 2005, con motivo do 20 aniversario da Ali Akbar College en Basilea, escribiu: "Hai moitos anos, o meu pai encomendoume a misión de espallar esta música 'ata onde brillen o sol e a lúa'. Este foi o traballo da miña vida e non quero que morra. É de suma importancia que os meus estudantes e discípulos máis próximos, como Ken, continúen este traballo no futuro. Por iso, pídovos a todos que lle ofrezades os vosos bos desexos e apoio para continuar esta misión, de xeito que a gran tradición da música clásica india poida transmitirse ás futuras xeracións. Tamén me gustaría agradecer á cidade de Basilea e á Academia de Música de Basilea toda a súa axuda e apoio durante os últimos 20 anos. Sinto que sempre me recibiron con agrado en Basilea e teño moitas lembranzas gratas das miñas visitas aquí."

Os Seminarios Anuais atraen regularmente a ata oitenta estudantes de máis de dez países. Os seminarios están abertos a todos os estudantes, dende o nivel iniciante ao avanzado, e ofrécese instrución en sitar, sarod, tabla, canto, teoría e historia. Os seminarios con Ali Akbar Khan e Swapan Chaudhuri ofreceron unha oportunidade única para que os estudantes traballasen con dous dos intérpretes e profesores máis recoñecidos da India.

A Ali Akbar College convida regularmente a algúns dos mellores músicos da India para impartir seminarios e obradoiros. Ao longo dos anos, algúns dos conferenciantes invitados foron Lakshmi Shankar, Alla Rakha, Zakir Hussain, Hariprasad Chaurasia, Sultan Khan, Pandit Jasraj, Prof. George Ruckert, Sankar P. Chowdhury e os Irmáns Gundecha.

A Ali Akbar College foi obxecto dun documental de 1 hora de duración producido pola Televisión Suíza-Italiana, titulado Il Filo d'Oro: Ali Akbar Khan – La Strada Del Suono (O fío de ouro: Ali Akbar Khan – a estrada do son), dirixido por Werner Weick. O filme, que recibiu grandes eloxios por parte da crítica, ofrece un retrato de preto de Ali Akbar Khan, dende a súa primeira infancia baixo a tutela do seu pai, ata os seus últimos anos de traballo en Basilea como profesor e en concertos. Ademais, o popular seminario "Tabla para Nenos" da Escola foi destacado no programa de televisión infantil de DRS 2 "KIDZ".

Khan compuxo as bandas sonoras de varias películas bengalís, entre elas "Devi", do célebre director indio Satyajit Ray. En 1989 o Goberno indio premiouno co "Padma Bhushan" (Ornamento de Loto), un dos máximos galardóns civís que se conceden no xigante asiático. Khan deixou once fillos, froito de tres matrimonios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]