Alhama de Almería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alhama la Seca»)
Modelo:Xeografía políticaAlhama de Almería
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°57′27″N 2°34′00″O / 36.9575, -2.5668Coordenadas: 36°57′27″N 2°34′00″O / 36.9575, -2.5668
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Almería Editar o valor em Wikidata
CapitalAlhama de Almería Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.817 (2023) Editar o valor em Wikidata (146,81 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude520 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNicolao de Mira Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCristóbal Rodríguez López Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE04011 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalhamadealmeria.org Editar o valor em Wikidata

Alhama de Almería é un municipio español situado na provincia de Almería, Andalucía. No ano 2009, tiña 3.779 habitantes. A súa extensión superficial é de 26 km² e ten unha densidade de poboación de 145,35 hab./km². Situada no val do Andarax, esta vila rica en auga é coñecida como Alhama la Seca ou Alhama de Salmerón. Nas rúas e nas xentes da vila pódese atopar sempre un recordo do seu fillo máis insigne: Nicolás Salmerón Alonso (1838-1908), Presidente da Primeira República Española.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Nos arredores do municipio, atopamos restos prehistóricos, coma a necrópole da Loma Galera, porén na próxima vila de Santa Fe de Mondújar atópase o poboado de Los Millares. Existen probas evidentes da existencia dun asentamento romano, como mostran os diferentes descubrimentos, sobresaíndo a aparición, no 1984, dunha estatua de mármore dunha figura feminina, A Dama de Alhama, atopada nas proximidades do manancial hidrotermal. Así mesmo, no Frontón municipal, atopáronse os restos dunha importante vila romana.

Non hai dúbidas sobre a cristanización do municipio, pois atopáronse restos de lucernarios co característico Crismón (símbolo de Xesucristo). Desde antigo, o municipio pertenceu a Diocese de Urci (Pechina).

Época musulmá[editar | editar a fonte]

O nome de Alhama provén do árabe alhamman traducido como auga sagrada, o que dá a entender a relevancia que tivo o actual Balneario de San Nicolao. A existencia dunha fortaleza de carácter defensivo, o seu enclave estratéxico e os seus baños termais contribuíron, a dotar de importancia e prestixio á vila. Esta fortaleza, coñecida como "Los Castillejos", construída a finais do século XIII, foi o cuartel do mítico "Señor de Alhama", Azomar. Este árabe ousou rebelarse contra o poderoso califa cordobés Abderramán III, morrendo tras unha oposición de máis de seis anos. Al-Idrisi, famoso xeógrafo árabe da segunda metade do século XII, ofreceunos algúns detalles sobre a Alhama musulmá:" A seis millas de Pechina está Alhama, fortaleza situada no alto do monte. Os viaxeiros de afastados países relatan que non existe no mundo outra que sexa máis sólida nin outro lugar cuxas augas termais manen a tan cálidas. Desde todos os puntos cardinais acoden alí enfermos que permanecen ata verse aliviados das súas doenzas o completamente curados. Os habitantes de Almería viñan antes a repousar coas súas mulleres e fillos. Empregaban alí grandes sumas en comer, beber e outros praceres e o alugueiro dunha habitación podía alcanzar os 3 dinares almorábides ó mes. Os montes que rodean Alhama son moi ricos en xeso; esa substancia extraese, queimase e é transportada cara a Almería para ser empregada na ensamblaxe das pedras dos edificios.

Nesta época, e como recolle Luis Mármol de Carvajal na súa Historia de Rebelión y Castigo de los Moriscos del Reyno de Granada, a cría de vermes da seda era tamén un florecente comercio no municipio. Actualmente, seguen conservándose centenarias moreiras e a cría destes vermes, aínda que non con fins comerciais, senón como entretemento infantil.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]