Alguer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alguer - Alghero")
Alghero.jpg
Alguer

Alguer (en italiano: Alghero; en catalán: l'Alguer; en sardo: S'Alighera) é unha cidade da provincia de Sassari, Sardeña, Italia de lingua tradicional catalá. Residen na comuna 39.372 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1372 os cataláns expulsan á poboación sarda autóctona e repoboan a cidade con cataláns de Barcelona, despois de se produciren varias revoltas. No século XVII o castelán substitúe ao catalán como lingua oficial e dende o século XVIII é o italiano a lingua oficial. Hoxe a variedade algueresa do catalán fálana os maiores de 30 anos, pero poucos son os nenos que a empregan, aínda que o goberno municipal promociona a súa aprendizaxe segundo a lei rexional do 11 de setembro de 1997 de promoción e valorización das lingua minoritarias de Sardeña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]