Alfredo II
Alfredo II | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alfredo dos Santos | ||
Nacemento | 1 de xaneiro de 1920 | ||
Lugar de nacemento | Río de Xaneiro | ||
Falecemento | 23 de outubro de 1997 | ||
Lugar de falecemento | Río de Xaneiro | ||
Altura | 168 centímetros | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1937–1948 | Vasco da Gama | ||
1949 | Flamengo | 2 | (0) |
1949–1956 | Vasco da Gama | ||
Selección nacional | |||
1944–1950 | Brasil | 4 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alfredo dos Santos, máis coñecido como Alfredo II, nado no Río de Xaneiro o 1 de xaneiro de 1920 e finado o 23 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desenvolveu case toda a súa carreira no Vasco da Gama, agás un ano co Flamengo (1949).[1] Recibiu o alcume de "Alfredo II" dado que no Vasco xogaba outro Alfredo.[2] Gañou con ese club cinco Campionatos Cariocas (1945, 1947, 1949, 1950 e 1952) e o Campionato Suramericano de Campións, considerado o precursor da Copa Libertadores.
Selección brasileira[editar | editar a fonte]
Foi catro veces internacional coa selección brasileira, coa que disputou o Mundial de 1950, no que o seu equipo acabou subcampión despois de perder contra o Uruguai no célebre Maracanazo. Xogou un só partido durante o torneo, un empate a dous goles contra Suíza no que marcou o primeiro gol do encontro.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "ALFREDO II - MEIO-CAMPO". Confederación Brasileira de Fútbol (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Fim do mistério: Alfredo II, do Expresso da Vitória e da Seleção Brasileira na Copa de 1950, faleceu em 1997" (en portugués). 12 de xuño de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Brasil - Suíza 1950". FIFA (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022.