Alfredo Vázquez (花火)
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Alfredo Vázquez Pérez ![]() 27 de novembro de 1988 ![]() A Ribeiriña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Alfredo Vázquez Pérez, máis coñecido como Alfredo Vázquez, ás veces escrito Alfredo Vázquez 花火,[a] nado na Ribeiriña (A Pobra do Caramiñal) o 27 de novembro de 1988, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É director, xunto con Branca Trigo Cabaleiro, da editorial Malafera.[1] A través de dita editorial publicou os fanzines Os catro selos e Gardar como… ademais dun poemario titulado Trítono. Participou en varios festivais como a Feira Freak e publicacións colectivas; tamén colabora habitualmente no espazo de micrófono aberto Cerimonia de gaivotas.[2] A súa obra adoita abordar temas como a adicción a substancias, a dor emocional, o envellecemento, a precariedade, a depresión e o rachar doloroso co pasado rural galego e a miúdo fai uso da linguaxe neutra.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ H. Rodríguez, Javier (03-08-2022). "Poesía en los márgenes: autoedición para crear un espacio artístico propio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 13-12-2024.
- ↑ "A Libraría NUMAX acolle unha conversa e lectura entre as poetas Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Malafera edicións". NUMAX. 16-06-2024. Consultado o 13-12-2024.