Alfredo Guisado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Guisado
Alfredo Pedro Guisado (Arquivo Histórico Parlamentar).png
Nacemento30 de outubro de 1891
 Lisboa
Falecemento2 de decembro de 1975
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Ocupaciónxornalista, escritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Pedro Guisado, nado en Lisboa o 30 de outubro de 1891 e finado na mesma cidade o 2 de decembro de 1975, foi un poeta, deputado, político e xornalista portugués. Colaborou na edición n.º 1 da revista Orpheu, sendo considerado o máis inxustamente esquecido poeta de Orpheu.[1]

Alfredo Pedro Guisado, poeta de ascendencia galega, nacido o 30 de outubro de 1891, na praza D. Pedro IV, número 108, en Lisboa, fillo de Benita Abril González e de Antonio Venancio Guisado, naturais de Santa Mariña de Pías (Ponteareas). Os Seus pais, propietarios do restaurante Dois Irmãos Unidos no Rossio, local de reunión do grupo do Orpheu, onde funcionou con hotel até 1930, nos andares do mesmo edificio, e onde existía tamén unha famosa adega con entrada na praza da Figueira. Neto de Josefa Toucedo Pérez e de Domingo Antonio Guisado Carrera, pola parte paterna, e de Rita González Meneses e Florencio Abril, pola parte materna, todos naturais da xa referida parroquia de Pías.

Colaborou no primeiro número da revista Orpheu cun conxunto de Trece Sonetos, que máis tarde incluirá no libro Ânfora, xuntamente con Fernando Pessoa, Armando Cortes Rodrigues, José Pacheco, Luís Montalvor, Mário de Sá Carneiro, José Almada Negreiros, António Ferro, Ronald de Carvalho e Eduardo Guimarães. En xuño de 1915, afastouse do grupo, xuntamente con António Ferro, por diverxencias políticas.

Estudou no Liceu do Carmo e licenciouse, en 1921 na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa. Nunca exerceu a avogacía a non ser privadamente e sen cobrar a quen lle consultaba algo.[1]

O ano de 1921, casou con Maria Guilhermina Ferreira, coa cal tivo dous fillos: Alfredo António Ferreira Guisado e Palmira Ferreira Guisado.

En 1922 entrou na Asociación dos Arqueólogos Portugueses.

Placa evocativa do nacemento de Alfredo Pedro Guisado, Praza D. Pedro IV, nº108, Rossio-Lisboa

Foi militante do Partido Republicano Portugués, desempeñou varios cargos político-administrativos, entre os cales o de gobernador civil de Lisboa, Presidente do concello xeral das xuntas de freguesía de Lisboa, Vice Alcalde de Lisboa co encargo dos xardíns, parques e cemiterios (responsábel pola asignación do nome dalgúns poetas a algunhas rúas da cidade, polo forno crematório do cemiterio do Alto de San João, pola colocación da estatua do poeta Chiado na praza co mesmo nome etc.). Participou na reforma do código administrativo de 1922 e foi o máis novo deputado da Asemblea da República da época.

Colaborou en xornais e revistas como: Debate, El Tea (xornal agrarista galego, de Ponteareas, dirixido polo seu amigo Amado Garra, onde escribía asinando como Alfredo Pedro Guisado, Alfredo Guisado, Alfredo Abril, Refaldo Brila), A Galera, Exílio (revista da cal foi fundador xuntamente con António Ferro e Armando Cortes-Rodrigues), Alma Nova (colaborou na segunda serie 1915-1918), Centauro, Portugal Futurista, Riso d'a Vitoria (onde escribía co pseudónimo de Alfredo Abril, 1919-1920), Atlântida (1915-1920), Sudoeste (1935), O Século, A Águia, Diario de Lisboa e A República (xornal do cal foi Director adxunto, Presidente do concello fiscal da editorial República e mantiña varias seccións, entre as máis coñecidas O Papel Químico e Arcas Encoiradas, onde escribía artigos satíricos contra o réxime Salazarista, asinando co pseudónimo de João da Lobeira e Domingos Días Santos).[2]

Membro da Sociedade de Xeografía e da Asociación de Socorros Mutuos dos Empregados do Comercio, foi tamén Presidente da Asemblea Xeral da Sociedade Portuguesa de Autores, Presidente da Voz do Obreiro e Presidente do Centro Escolar Republicano António Botto Machado.

Estreouse como poeta publicando un volume de versos titulado Rimas da Noite e da Tristeza, en 1913. Nada facía prever que o autor desas rimas, de sentido anedótico e inxenua concepción, viñese a adoptar, en pouco tempo, un estilo perfectamente antagónico daquel que caracterizou os versos da súa estrea.

Placa da Rúa Alfredo Guisado, Benfica-Lisboa
Alfredo Pedro Guisado, Cidadán de Lisboa

Alfredo Guisado tamén escribiu poesía usando o pseudónimo de Pedro de Meneses. No entanto, Pedro de Meneses, a pesar de se asemellar a Fernando Persoa na tentativa de duplicación da personalidade, seguía de preto a imaxética e o estilo Sá Carneiro, adoptándolle, inclusivamente, o vocabulario, as imaxes, os xiros estilísticos, a misteriosa e secreta maiusculación das palabras chaves (tal como Min, Forma, entre outras), os verbos intransitivos con complemento e a formación de palabras compostas. Pedro de Meneses expresa, con aplicación, un aspecto metódico do vangardismo e, cando máis tarde volve a recuperar o seu nome certo, encóntrase de novo volto para o vello saudosismo.

Alfredo Pedro Guisado foi un poeta heráldico que cultivava unha imaxe luxosa e aristocrática. Faleceu en Lisboa que lle dedicou o nome dunha das súas rúas en Benfica.

Alfredo Guisado e Galicia[editar | editar a fonte]

Viaxaba todos os anos a Galicia, a terra de seus pais, pasar as vacacións de verán. Relacionouse con intelectuais galegos, sobre todo os do Grupo Nós e cos agraristas[3], e foi moi amigo de Castelao.[4] En 1929 foi enviado polo Diário de Notícias, xunto con Guerra Pais y Carrera e Antóonio Ferro para organizar a Semana Portuguesa, perocorrendo toada a Galicia.[1].

Na Galiza, na contorna de Ponteareas e Mondariz, foi considerado un axente difusor do Nacionalismo e Agrarismo Galego, desempeñou cargos como: Presidente da Asociación de Agricultores de Pías, Presidente do Partido Xudicial dos Agricultores de Ponteareas, Presidente da Asemblea Xeral da Unión Agraria de Galicia e foi un dos responsábeis da tentativa da fundación do Banco Galicia-Portugal.

En Xente d´a Aldeda di ter en preparación outro libro de versos en galego titulado De mans erguidas, do que nunca máis se soubo.[1]

Xente d´a Aldea[editar | editar a fonte]

Libro de versos publicado en 1921 en galego. Son 14 poemas en 61 páxinas, está dedicado a Castelao e leva un debuxo del, unha muller cun pano de cores. Son poemas sinxelos, tenros, suxestivos nos que se cantan temas da vida na aldea.

Cántase a rebeldía e a liberdade (p.50,53):[1]

 Son dono da miña Terra
Patria, ¿quen pode erguerte? ¡Libertaya, mocidade!

Canta a Galicia (p. 59, 61)

 Xa os gritos d´a Victoria lonxe empezan,
As coores d´a bandeira se levantan
Y-os teus filllos, Galicia agora rezan

Como fillo de galegos nado en Lisboa, soña coa unidade das dúas terras, que son coma irmás (p. 13-15,35)[1]

 ... Noso berce, o río Miño
Viñemos ó mundo xuntos,
Co´o mesmo céo nos vestimos
Andamos sempre tan xuntos,
Que xuntos sempre sentimos.
Hirmán, cuberto de brillos,
Qu´os teus mortos acariñas,
Os teus fillos son meus fillos,
Y-as tuas doores son miñas.
... Os brazos d´o río Miño
Son meus brazos que te abrazan.
Eu son a manziña erguida
Dun-a santa qu´en min pasa.
¡Tu é-la luz encendida
Sobr´o camiño dá Raza.
 O rio Miño é un cura 
Sin iglesia e sin misal,
Casar Galicia procura
Con un novio: -Portugal

Neste libro, segundo Eloísa Alvarez, "... o poeta responde ao apelo dunhas raíces que aniñaba na alma, [...] un libro que é uma confesión de amor á terra, á cultura, á sentida voz do pobo galego."[5]

Cando escribe en galego, os seus versos son completamente diferentes daqueles que escribía na súa cidade natal. Muda de personalidade ao cruzar o Miño e transfórmase nun poeta popular, que canta o día a día das xentes da aldea galega (a lareira, os traballos rurais, o enterro, a procesión). O rexistro esteticista dos versos de Lisboa é substituído polo tom coloquial característico da poesía do Rexurdimento galego; o desdén altivo do poeta órfico dá lugar ao compromiso político coa causa galeguista, anunciando o advento do intelectual e do xornalista que faria historia na oposición ao réxime de Salazar.[6]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Rimas da Noite e da Tristeza, Alfredo Pedro Guisado
  • Rimas da Noite e da Tristeza, Alfredo Pedro Guisado (1913).
    Distancia, Alfredo Pedro Guisado
  • Distância, Alfredo Pedro Guisado (1914).
  • Elogio da Paisagem, Pedro de Meneses (1915).
  • As Treze Baladas das Mãos Frias, Pedro de Meneses (1916).
  • Mais Alto, Pedro de Meneses (1917).
  • Ânfora, Pedro de Meneses (1918).
  • A Lenda do Rei Boneco, Pedro de Meneses (1920.
  • Xente d'aldea (en galego), Alfredo Pedro Guisado/Pedro de Meneses (1921).
  • As Cinco Chagas de Cristo, Alfredo Pedro Guisado/Pedro de Meneses (1927).
  • Tempo de Orpheu, Alfredo Pedro Guisado. (1969). Portugália Editora (Poetas de Hoje) Reúne as catro principais colectáneas poéticas de Alfredo Guisado: Elogio da Paisagem, As Treze Baladas das Mãos Frias, Mais Alto e Ânfora. En Angelus Novus, 2004. ISBN 9789728115753.
  • A Pastora e o Lobo e outras histórias. Contos para as crianças, Alfredo Pedro Guisado (1974).
  • Tempo de Orpheu II (1996). Edicións Laiovento. 107 p. (Edición apoiada polo Instituto Camões). ISBN: 978-84-87847-86-2. Ed. de J.A. Fernandes Camelo.
  • Alfredo Guisado, cidadão de Lisboa (2002). Livros Horizonte. ISBN 9789722412025. Antoloxía da mellor poesía de Alfredo Guisado.

Libros inéditos en poesía: Dédalo, Cinco Gotas do Luar, Nossa Senhora da Alma (inacabado) Tapeçarias, Semíramis

Libros inéditos en prosa: O Bergantim Doirado (contos para cativos), O Ohfeu por dentro (história de uma revista literaria)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Cañada, Silverio (Ed) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 17. p. 27. ISBN 84-7286-152-X. 
  2. "Sudoeste" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  3. Gómez, Joel (2015-06-02). "Alfredo Guisado, un puente para Galicia desde la Lisboa de Pessoa". La Voz de Galicia. Consultado o 2020-05-17. 
  4. "Edicións Laiovento - TRAJECTORIA DE ALFREDO GUISADO E A SUA RELAÇÃO COM A GALIZA (1910-1921)". www.laiovento.com. Consultado o 2020-05-17. 
  5. "Alfredo Guisado, Cidadão de Lisboa - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-17. 
  6. Lourenço, Antonio Apolinario (2011). "Alfredo Guisado, entre o cosmopolitismo do "Orpheu" e a "Xente d’a aldea"". Boletín Galego de Literatura (en portugués) (45). ISSN 2174-4025. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Pazos Justo, Carlos (2005), Aproximação ás análises de Xente d'a aldeaversos gallegos de Alfredo Guisado, in Da Galiza a Timor: a lusofonia em foco : actas do VIII Congresso da Associaçâo Internacional de Lusitanistas: Santiago de Compostela, 18 a 23 de Julho de 2005 / coord. por M. Carmen Villarino-Pardo , Elias J. Torres Feijó, José Luis Rodríguez Fernández , Vol. 1, 2009,  978-84-9887-016-9, páxs. 133-142
  • ___ (2015). Relações culturais intersistémicas no espaço ibérico. O caso da trajetória de Alfredo Pedro Guisado (1910-1930). Edição do Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho (CEHUM) e Consello da Cultura Galega, (publicação de Edições Humus): V. N. de Famalição. 368 páginas. ISBN 978-989-755-109-3.
  • ___ (2010). Trajectoria de Alfredo Guisado e a súa relação com a Galiza (1910-1930). Laiovento. 218 páxs. ISBN 978-84-8487-190-8.
  • Sánchez Bargiela, Rafael (2009). "Alfredo Pedro Guisado (1891-1975), un poeta portugués de Pías (Ponteareas)", in A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, 1130-2674, Nº. 80, páxs. 109-127