Tocaba o requinto e facía a terceira voz dende a formación do grupo en 1944 até 1981. O requinto, foi creado por el ante a necesidade de reforzar as introducións e as pasaxes sen voz das cancións; afinado unha cuarta máis alta que a guitarra normal. Aseméllase a unha guitarra pequena pero cun son máis agudo, dando un excelente efecto e son musical ás interpretacións.