Alfred Malherbe
Retrato de Alfred Malherbe | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1804 Port-Louis, illa Mauricio |
Morte | 14 de agosto de 1866 Metz, Francia |
Xuíz | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | francesa |
Formación profesional | Dereito |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | Xuíz, naturalista, botánico, ornitólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Malherbe |
Premios | |
Cabaleiro da Lexión de Honor | |
Alfred Malherbe, nado o 14 de xullo de 1804 en Port-Louis (illa Mauricio) e finado Metz o 14 de agosto de 1866, foi un maxistrado e naturalista afeccionado francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alfred Malherbe naceu en Port-Louis, illa Mauricio.
Despois de estudar Dereito, en 1832 foi nomeado xuíz do tribunal de Metz (de onde era orixinaria a súa familia), no que foi maxistrado instrutor e vicepresidente do tribunal.
Apaixonado pola natureza desde moi cedo, dedicou o seu tempo libre á botánica, á zooloxía (e en particular á ornitoloxía).
Asinou un importante estudo sobre os pícidos titulado Monographie des picidées (Imprenta de J. Verronnais, Metz) que apareceu en catro volumes entre 1861 e 1863. Alí descríbese cada especie acompañada de litografías coloreadas a man.
Tamén estudou as aves de Alxeria (das cales describiu 191 especies) e de Sicilia.
Foi director do Museo de Metz e presidente da Sociedade de Historia Natural de Metz desde 1844 até a súa morte.
En 1862 foi galardoado como Cabaleiro da Lexión de Honor.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Notice sur quelques espèces de chênes et spécialement sur le chêne liège (Quercus suber) (Verronnais, Metz, 1839).
- Faune ornithologique de la Sicile avec des observations sur l’habitat ou l’apparition des oiseaux de cette île, soit dans le reste de l’Europe, soit dans le Nord de l’Afrique (S. Lamort, Metz, 1843).
- Catalogue raisonné d’oiseaux de l’Algérie, comprenant la description de plusieurs espèces nouvelles (Verronnais, Metz, 1846).
- Nouvelle classification des picinées ou pics, devant servir de base à une monographie de ces oiseaux grimpeurs (S. Lamort, Metz, 1849).
- Ascension à l’Etna, ou Fragment d’un voyage en Sicile et en Italie (Imprimerie de Nouviau, Metz, 1851).
- Faune ornithologique de l’Algérie (J. Verronnais, Metz, 1855).
- Description de quelques grimpeurs du genre linéen Picus (J. Verronnais, Metz, 1857).
- Revue des collections composant, en 1857, le Muséum d’histoire naturelle de la ville de Metz (J. Verronnais, Metz, 1857).
- Monographie des picidées ou histoire naturelle des picidés, picumninés, yuncinés, ou torcols, Jules Verronais, imprimeur de la société d'histoire naturelle de Moselle, 1863. (Ler en liña).
Honores
[editar | editar a fonte]Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Cabaleiro da Lexión de Honor (1862).
Eponimia
[editar | editar a fonte]- (Aizoaceae) Aloinopsis malherbei (L.Bolus) L.Bolus[1]
- Cyanoramphus malherbi (especie de ave psitaciforme endémica de Nova Zelandia).[2] (Ver en liña).
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Malherbe emprégase para indicar a Alfred Malherbe como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[3]
A abreviatura Malherbe emprégase para recoñecer a Alfred Malherbe como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fl. Pl. Africa xxvi. t. 1035 1948 (IK)
- ↑ Beolens & Watkins 2003, p. 219.
- ↑ Malherbe – Alfred Malherbe (1804-1866) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alfred Malherbe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boubier, Maurice (1925): L’Évolution de l’ornithologie. París: Librería Félix Alcan.
- Beolens, Bo & Watkins, Michael (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven & Londres: Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5.
- Fleur, Élie (1935): "Cent ans d’activité scientifique". Bull. Société Hist. Nat. Metz, 34 : 1-68.