Alfred Gusenbauer
Alfred Gusenbauer | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1960 |
Sankt Pölten, Baixa Austria | |
Organización | Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) |
Alma máter | Universidade de Viena |
Profesión | Doutor en ciencias políticas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dr. Alfred Gusenbauer (Sankt Pölten, Baixa Austria 1960), político, é o actual líder do SPÖ (Partido Socialdemócrata de Austria), dende o 2000. É chanceler de Austria, dende o 11 de xaneiro de 2007, trala vitoria do SPÖ nas eleccións do 1 de outubro de 2006.
Mocidade e estudos[editar | editar a fonte]
Naceu o 8 de febreiro de 1960 en Sankt Pölten, na rexión da Baixa Austria, unha rexión situada ó leste de Austria. Tras cursa-los seus estudos en Wieselburg, estudiará ciencias políticas, filosofía e xurisprudencia, na Universidade de Viena, onde se doutourou en ciencias políticas.
Política[editar | editar a fonte]
No 2000 foi nomeado Presidente do SPÖ, sucedendo a Viktor Klima.
Chanceler de Austria (2007 - actualidade)[editar | editar a fonte]
Nas eleccións lexislativas do 1 de outubro de 2006, Gusenbauer gañou, pero sen obte-la maioría absoluta. Tras moitos acordos, conseguiu a coalición co Partido Popular de Austria (ÖVP), deste xeito puido ser nomeado Chanceler de Austria o 11 de xaneiro do 2007.