Alfonso Zapico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Zapico

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Blimea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEcole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs (pt) Traducir
Escuela de Arte de Oviedo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración, Caricatura e historieta Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , caricaturista , ilustrador , guionista de cómics , creador de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webalfonsozapico.eu Editar o valor em Wikidata

Alfonso Zapico, nado en Blimea, Samartín del Rey Aurelio, Asturias, 1981, é un historietista e ilustrador español, que traballa fundamentalmente para o mercado franco belga. En 2012, a súa novela gráfica Dublinés foi galardoada co Premio Nacional de Banda deseñada de España.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Tras realizar estudos de ilustración e deseño na escola de arte de Oviedo, os seus primeiros traballos profesionais no mundo da banda deseñada publicáronse en Francia: La guerre du professeur Bertenev (Editions Paquet, 2006), ambientada na guerra da Crimea e que recibiu o Prix BD Romanesque no FestiBD Ville de Moulins no 2007, e o volume colectivo Un jour de mai.

No 2008 publicou Café Budapest, que aborda o conflito árabe-israelí e que foi editado en España por Astiberri e en Polonia (Timof). En xuño de 2008 alcanzaría o Premio Haxtur ao mellor guión. Ademais de banda deseñada, realiza traballos gráficos para diversas editoriais. Colabora así mesmo co diario La Nueva España e outros xornais rexionais, e fíxoo coa revista de banda deseñada en asturiano El Gomeru.

A partir do mes de outubro de 2008 empezou a colaborar co semanario Les Noticies cunha tira titulada Les pites de Grau, que substitúe o espazo que ocupaba outro debuxante asturiano, Ruma Barbero.

En 2009 participou nun volume colectivo xunto cos dibujantes Daniel Acuña, Fernando Baldón, Toni Carbós, Carlos Sofía Espinosa, Javier Fernández, Bernardo Muñoz, Javier N.B., e Rubén e con guión de Javier Cosnava: Un buen hombre, sobre a vida cotiá dos oficiais da SS nas aforas dun campo de concentración.[2]

En 2010, obtivo o Premio Josep Toutain ao Autor Revelación no Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona por La guerra del profesor Bertenev, editado en España por Dolmen.[3] Para a súa seguinte obra, unha biografía de James Joyce titulada Dublinés, contou coa bolsa AlhóndigaKomik, que lle permitiu residir durante un ano na Maison des auteurs en Angulema (Francia).[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Anos Título Tipo Publicación
05/2005-11/2006 Les aventures de Manolita Pulgarcita Serie "El Gomeru" núm. 5, 7-9
2008 Café Budapest Novela gráfica Astiberri
2009 La guerra del profesor Bertenev Dolmen
2011 Imposible mirar para otro lado Coordinadora de ONG do Principado de Asturias
2011 Dublinés Novela gráfica Astiberri
2011 La ruta Joyce Cuaderno de viaje Astiberri
2013 El otro mar Novela gráfica Astiberri
2015 La balada del norte. Tomo 1 Novela gráfica Astiberri
2017 La balada del norte. Tomo 2 Novela gráfica Astiberri
2018 Los puentes de Moscú Novela gráfica Astiberri

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manrique Sabogal, Winston (22/10/2012). Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic 2012, por un libro sobre Joyce
  2. Serrano, Alejandro (17/11/2009). Un buen hombre, de Javier Cosnava Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Fantasymundo.
  3. Graell, Vanessa en 'Hat trick' para 'El arte de volar' para El Mundo, 07/05/2010.
  4. Pons, Álvaro (25/03/2011). Zapico, autor revelación do cómic, publica 'Dublinés', "El País".

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]