Alfonso Vilachá
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1949 Cartelle |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, adestrador de fútbol, mestre |
| Deporte | fútbol |
Alfonso Vilachá Rodríguez, nado en Cartelle en 1949, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De profesión mestre, e técnico nacional de fútbol. Adestrou o CD Arenteiro, entre outros clubs. O seu momento máis destacado sucedeu na tempada 1995-96, cando codirixiu o CD Ourense, a canda Antonio Teixidó. O club ourensanista xogaba en Segunda División española.
É membro dunha familia moi vinculada ao fútbol en Ourense. O finado de seu irmán José, a quen lle dicían Piño Vilachá, foi presidente do FC Outomuro durante 25 anos, e levou o servizo de cafetería do estadio do Couto, en Ourense. O curmán, Pepe Vilachá, tamén é adestrador de fútbol e dirixiu o CD Lemos e o Verín CF, entre outros; finalmente o fillo deste último, Juanjo Vilachá, foi adestrador da Barbadás, do Arnoia ou do Antela, entre outros.
En política, figurou nas listas municipais do PSdeG ás eleccións locais de 2011 en Ourense e non saíu elixido concelleiro. Porén, un ano máis tarde, e logo da dimisión do que ata daquela fora alcalde, Francisco Rodríguez, no marco da operación Pokémon, accedeu ao pleno ourensán.
Obra
[editar | editar a fonte]- Fútbol base de la escuela a la transición (1992).
- Disfruta entrenando (1994).
- Manual de fútbol base; educar, disfrutar y enseñar (2001).
- Fútbol. Aprender y disfrutar jugando. Con prólogo de Vicente del Bosque (2003).