Alfonso Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Rodríguez Rodríguez
Nacemento1973
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Rodríguez Rodríguez, nado en Ourense en 1973, é un escritor e artista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como poeta editou o seu primeiro poemario Subir ao faiado no 2004, obra que se compón dunha escolma de poemas anteriormente autoeditados polo autor en distintos fanzines. Nos seguintes anos editou outros libros tanto individuais coma colectivos. En 2014 autoeditou a obra Lúa plenur que é un compendio de obra gráfica e poética; este libro componse de dous tomos e recolle colaxes e poemas de distintas épocas. A finais do 2017 a editorial brasileira Urutau publicoulle o libro Lobotomías para flores. En xuño do 2018 editou con M Editora Independencia. Libro posteriormente reapropiado pola editora Saurobuks. En xaneiro de 2020 publicou o poemario Lingua materna, en formato dixital na web expoplanetarium[1]. Na primavera dese mesmo ano, durante o confinamento provocado pola pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia, recitou este poemario e subiuno en formato vídeo-performace á canle Expoplanetarium da plataforma YouTube.

Como artista, desde o ano 2003 comparte a páxina web expoplanetarium[1] con Adriana Pérez onde expón de maneira virtual pintura, vídeo, fotografía, colaxe. Obras moitas delas que teñen sido expostas en distintos lugares, sobre todo na cidade de Ourense.

Foi un dos impulsores do colectivo libertario Renderén que entre os anos 2008 e 2009 editou dous monográficos de contido político.

Desde o ano 2015 comparte un proxecto, de maneira puntual, de música e poesía (Wordsnoise)[2] con Arpista Iniciado. Editaron unha casete e un bandcamp.

Xunto con Adriana Pérez, desde o 2014, coedita e administra Ultragráfico, web-blog de contidos artísticos, literarios e políticos. En agosto de 2021 converteuse nunha extensa revista dixital con numerosas colaboradoras e colaboradores.

Forma parte do proxecto editorial Saurobuks, tamén con Adriana Pérez, no cal editou o seu primeiro fotolibro no 2017 Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano.

No ano 2021 novamente a editorial Urutau publica, ata o de agora, o seu último poemario, con fotografías de Adriana Pérez. Non vivo sen vivir en min.

Tamén realiza un programa de radio, de maneira puntual, na radio comunitaria e libre Radio Liverdade da cidade de Ourense de poesía e música. Na marxe incorrecta do río.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Subir ao faiado, 2004, Positivas.
  • Azúcar glass, 2009, Duen de Bux.
  • Lúa plenur (Araña estupefacta no teito branco + Paper), 2014 autoedición/Saurobuks
  • Lobotomías para flores, 2017, Urutau editora
  • Independencia, 2018, M Editora/Saurobuks
  • Lingua materna, expoplanetarium.net
  • Non vivo sen vivir en min,[cando?] Urutau editora

Obras colectivas (poesía)[editar | editar a fonte]

  • A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar.
  • 18 (dezaoito), 2011, Círculo poético aberto.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Un xardín de medio lado, 17 poetas da urutaru na galiza antoloxía), Urutau editora, 2019

Fotografía e obra gráfica[editar | editar a fonte]

  • Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano, 2017, Saurobuks

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sitio web de Expoplanetarium.
  2. "wordsnoise.bandcamp.com". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 29 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]