Alfonso Pedraza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Pedraza
Alfonso Pedraza.jpg
Información persoal
Nome completo Alfonso Pedraza Sag
Nacemento 9 de abril de 1996 (23 anos)
  San Sebastián de los Ballesteros
Nacionalidade España
Altura 1,82 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual Alavés
Carreira xuvenil
2011–2015 Villarreal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015 Villarreal C 1 (0)
2015–2016 Villarreal B 43 (7)
2015– Villarreal 4 (0)
2016–2017Lugo (cedido) 22 (6)
2017Leeds United (cedido) 14 (1)
2017–Alavés (cedido) 0 (0)
Selección nacional
2015 España sub-19 7 (3)
2016– España sub-21 2 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 4 de xullo de 2017
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 28 de marzo de 2016

editar datos en Wikidata ]

Alfonso Pedraza Sag, nado en San Sebastián de los Ballesteros (Provincia de Córdoba) o 9 de abril de 1996, é un futbolista profesional español formado na canteira do Villarreal CF, que actualmente xoga cedido como extremo no Deportivo Alavés. É internacional coas categorías inferiores da selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en San Sebastián de los Ballesteros (Córdoba, Andalucía), Pedraza uníuse á canteira do Villarreal Club de Fútbol no ano 2011 á idade de 15 anos. Anteriormente, era membro das categorías inferiores do Séneca CF.[1] Tras catro anos de formación, en xaneiro de 2015 é ascendido ao Villarreal C da Terceira División. Con todo, rápidamente debuta co Villarreal B da Segunda División B. Sería o 11 de xaneiro desde mesmo ano, saíndo na segunda parte dun encontro antre o CF Reus Deportiu que acabaría con empate 2−2.[2] O seu primeiro gol co filial chega o 1 de marzo, anotando o único tanto do partido na vitoria do seu conxunto ante o CD Atlético Baleares.[3] Tras facerse cun posto fixo no equipo, o 5 de abril Marcelino García Toral chamao para o primeiro equipo.[4] Pedraza debuta entón na Primeira División en substitución de Jonathan dos Santos no minuto 72 no empate do seu equipo ante o Valencia CF.[5]

Na seguinte temporada, a 2015-16, Pedraza é un dos xogadores fundamentais que conseguiron levar ao Villarreal B a xogar a promoción de ascenso a La Liga 2. Co primeiro equipo xoga dous partidos, ambos saíndo como titular. O primeiro deles foi o 4 de outubro de 2015 ante o Levante UD no Ciutat de València, con derrota para o seu equipo por 1−0,[6] mentres que o segundo foi o 17 de abril de 2016, de novo con derrota (2−1), ante o Rayo Vallecano no Campo de Fútbol de Vallecas.[7] O 28 de xullo de 2016 anunciouse a súa cesión para a temporada 2016−17 ao Club Deportivo Lugo de La Liga 2.[8]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Villarreal C Terceira 2015 1 0
Villarreal B Segunda B 2015 13 1
Villarreal Primeira 2015 2 0
Villarreal B Segunda B 2015−2016 30 6
Villarreal Primeira 2015−2016 2 0
Lugo Segunda 2016−2017 22 6

Palmarés[editar | editar a fonte]

España sub-19

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El eballense Alfonso Pedraza debuta con el Villarreal ante el Valencia" [O Eballense Alfonso Pedraza debuta co Villarreal contra o Valencia]. Minuto 90 (en castelán). 5 de april de 2015. 
  2. "Empate del filial que sabe a poco (2–2)" [Empate do filial que sabe a pouco (2–2)]. Villarreal CF (en castelán). 11 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  3. "El Villarreal B continúa su escalada (1–0)" [O Villarreal B continúa o seu ascenso]. Villarreal CF (en castelán). 1 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  4. "Alfonso Pedraza, talento a raudales" [Alfonso Pedraza, talento a esgalla]. Villarreal CF (en castelán). 26 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  5. "El Villarreal frena la euforia valencianista" [O Villarreal detén a euforia valencianista]. Marca (en castelán). 5 de abril de 2015. 
  6. "Levante UD - Villarreal CF". Transfermarkt (en inglés). 4 de outubro de 2015. 
  7. "Rayo Vallecano - Villarreal CF". Transfermarkt (en inglés). 17 de abril de 2016. 
  8. "Alfonso Pedraza, nuevo jugador del CD Lugo" [Alfonso Pedraza, novo xogador do CD Lugo]. CD Lugo (en castelán). 28 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]