Alfonso García Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso García Rojo
Nacemento1906
 Villalpando
Falecemento1997
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e pedagogo
editar datos en Wikidata ]

Alfonso García Rojo, nado en Villalpando en 1906 e finado en Madrid en 1997, foi un mestre español afincado en Galicia.

Traxctoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio en Pontevedra e Ourense. Foi mestre no Mourisco (Riós), e despois foi destinado a Parada de Sil, onde permaneceu tres anos. Ali puxo en marcha unha experiencia de educación graduada e coeducación coa mestra Rosa Pons i Fábregas. Pasou despois a Faramontaos (Nogueira de Ramuín) onde foi mestre dende 1934. Colaborou con artigos pedagóxicos en El Pueblo Gallego, Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido o 20 de setembro e marchou a Pontevedra. Permaneceu alí ata o seu retorno á docencia en 1963. Marchou despois a Cataluña, Cantabria e Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Alfonso García Rojo, mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos, 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Rojo, Alfonso (2008). Alfonso García Rojo, mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos. Tórculo Edicións. ISBN 978-84-8408-496-9.