Alexandros Gianniris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Αλέξανδρος Γιαννίρης
(Alexandros Gianniris)
Arcebispo da Igrexa ortodoxa de Alexandría
Biografía
Nacemento15 de maio de 1960 en Atenas, Grecia
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de outubro de 1988
Consagración episcopal24 de novembro de 1997, por Pedro VII
Metropolitano de Nixeria
1997 - actualidade

Alexandros Gianniris (en grego: Αλέξανδρος Γιαννίρης), nado en Atenas o 15 de maio de 1960, é un eclesiástico ortodoxo grego, dende 1997 metropolitano de Nixeria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Georgios Gianniris en Atenas en 1960. Graduouse pola Facultade de Pastoral e Teoloxía Social da Universidade de Tesalónica e posteriormente foi ordenado diácono o 1 de outubro de 1988, e ordenado sacerdote o 2 de outubro da Igrexa ortodoxa de Alexandría. Logo da súa ordenación exerceu de superior na Igrexa Patriarcal dos Santos Anárxiros da arquidiocese de Xohanesburgo e Pretoria e de secretario da arquidiocese.

O 23 de setembro de 1997 foi elixido bispo da diocese de Nixeria; a xurisidición inclúe a Nixeria, Níxer, Benín e Togo. Recibiu a consagración episcopal o 24 de novembro do mesmo ano. Foi elevado ao rango de metropolitano o 27 de outubro de 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
(creación da sé)
 Bispo de Nixeria 
1997 - 2004
Sucesor:
(elevación da sé)


Predecesor:
(elevación da sé)
 Metropolitano de Nixeria 
dende 2004
Sucesor:
(no cargo)